Fóbic@ social

Pum pum pum-pum-pum. Ifff-bufff. Calade. Shsss. Bufff. Pum pum. Vomitar sucio escapar caras risas malestar. Ifff-buff ifff-buff.

Este podería ser o resumo dunha crise de ansiedade dun/a fóbic@ social. A fobia social é definida (http://www.fobiasocial.net/)  coma unha timidez exagerada, caracterizada polo medo e a ansiedade (aumento do fluxo sanguíneo e da respiración) ao enfrentar determinadas situacións sociais, interactuar cos demais ou ó ser observados en calquera situación, interfirindo na vida diaria de quen a padece. Este tipo de fobia afecta tanto a homes coma a mulleres ( entre o 3% e o 13% da poboación) é moitas veces hereditaria e, normalmente, aparece antes dos 25 anos. As persoas que sofren fobia social senten unha importante ansiedade antes de que ocorran os feitos temidos (ansiedade  anticipatoria), isto provoca que non se enfrenten ben a esa situación e que a mesma vaia producindo, sistematicamente, ese malestar. Algunhas das situacións máis temidas son: falar en público, comer ou beber en público, asistir a festas, sensación de sentirse observado e criticado, escribir ou firmar en público, iniciar unha conversación…

Con este breve post pretendo achegarvos un pouco ao mundo da fobia social, sabendo diferenzar entre ser tímid@ e ser fóbic@ social. Na rede podedes atopar (mesmo na web que anotei enriba) testemuños de persoas que padecen esta fobia. É necesario e bo saber e poder relacionarse cos demais, pero ás veces isto convírtese nunha gran proba de superación.

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3 a1

Posted on 18 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. M.Cruz Negreira Rey

    Un post moi interesante! A verade é que non coñecía o termo de fobia social nin o que supoñía padecela. Polo que lin, non é algo intrínseco á personalidade, senón un patrón de comportamento aprendido de xeito erróneo de forma inconsciente. Nunha sociedade como a actual, a verdade é que ten que ser durísimo superala, pero afortunadamente ten solución. Quizáis ás veces pode que nos falte un pouquiño máis de tolerancia coas persoas que sofren este tipo de patoloxías.

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Seguindo a liña do comentario de Cruz, debo engadir que a sociedade non respecta nin é consciente destas fobias que afectan a unha boa parte da sociedade. Moitas veces a xente rise ou fai burla deste tipo de actuación. Debemos todos facilitarlle o camiño cara a superación destas fobias ás persoas que as sofren, sempre tendo coidado con cada paso que damos. Eu creo que moitas das persoas que as padecen non o saben, senón que pensan que son simples nervios pero, realmente non o son, xa que poden acabar nun ataque de ansiedade. Bo post Cristina!

  3. Mª Cristina Mosteiro Reobredo

    moitas grazas polos vosos comentarios, este é un post moi especial que levo intentando evitar pero chegado o momento era de xustiza facelo. como ben dicides moitas persoas que padecen unha fobia, e esta non ía ser menos, non o saben. non obstante esta leva acarreadas unha baixa autoestima, depresión e pode derivar noutros trastornos (ansiedade, trastornos alimenticios pola falta de autoaceptación…). esta fobia tivo que loitar moito para ser considerada como cal, ata os anos 90 penso que non foi rexistrada como tal. decir que unha fobia non se aprecia a simple vista, nin ás veces aínda que teñades bastante trato con esa persoa, é algo complexo, que ten solución. de novo grazas por comentar este post!!! necesitamos que a sociedade se comprometa se poña na pel dunha fóbic@ social ou de calquera persoa que sufra unha certa patoloxía.

  4. Mª Cristina Mosteiro Reobredo

    PROPOÑOVOS UN EXPERIMENTO: para que sintades a sensación que sofre un fóbic@ social convídovos a ir durante uns 5 ou 10 minutos andando por unha rúa bastante transitada fixándovos en todas as persoas coas que vos cruzades (como vos miran, como van vestidos, como opinades que son, optade por imaxes negativas e pensar que vos observan).
    isto é o que sinte un fóbic@ social na etapa máis alxida da fobia durante unhas 24 horas ao día

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: