ProT: Si, hai outra onda

Seguimos a traballar con Agareso, e esta semana con dobre xornada. Coma sempre repartimos o traballo entre os tres para realizar unha crónica escrita, fotografías, vídeo e reportaxe para a radio.

Para empezar, o xoves 12 de abril realizouse unha viaxe ao centro penitenciario de A Lama cos alumnos do Seminario sobre Xornalismo Social e Cooperación Internacional, no cal estamos a colaborar. Agareso invitounos a participar e aceptamos. Alí puidemos comprobar como os internos crean contidos para as 24 horas de emisión de A Radio cun acceso á información moito máis limitado que no exterior. Visitamos tamén a aula onde adquiren os coñecementos teóricos e finalmente, amosáronnos a biblioteca, onde tamén coñecemos como sacan adiante a revista “A Xanela” e, dende hai pouco “A Xaneliña”, unha versión reducida da anterior pero con maior frecuencia de edición.

O martes 17 celebrouse unha nova sesión do seminario a cal estivo dividida en dúas partes. Na primeira delas, Manoel Santos, director e co-fundador de www.altermundo.org,  falou do movemento altermundista e de como os grandes empresarios dominan os medios de comunicación. A segunda parte estivo centrada na linguaxe non sexista, da que falou principalmente Belén Puñal, xornalista e investigadora en comunicación e xénero, e tamén sobre o tratamento que se lle dá nos medios ás mulleres do Sur, algo no que incidiu Lorena da ONGD Implicadas No Desenvolvemento.

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 18 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    A iniciativa da radio e das revistas realmente serve para facerlle máis levadeira a súa estancia no cárcere e ao mesmo tempo unha aprendizaxe. Iso tamén é unha comunicación comunitaria, xa que supoño que tratarán temas que interesen tamén aos propios presos, ou non?

  2. Si, claro. Os temas principais que tratan son os que lles afectan á audiencia que neste caso está maioritariamente formada por internos da prisión. Aínda que tamén teñen ointes entre o funcionariado e incluso entre a poboación de A Lama, xa que a cobertura da emisora alcanza uns catro quilómetros ao redor. Unha mostra de que tratan temas que lles interesan é un artigo que aparece nun dos exemplares da revista “A Xanela” cos que nos obsequiaron. Ti que tiveches a oportunidade de botarlle unha ollada non sei se te fixaches nel pero o artigo é practicamente unha guía de como facer unha reclamación sobre unha petición de permiso denegada.

    • Pero iso non significa que só traten temas relacionados coa súa situación nese momento. Tamén tratan outros, como a crise económica, o paro, etc. Ao fin e ao cabo a eles tamén lles afecta o que pase fóra así como aos seus familiares.

    • hortensia gesteira estévez

      Entón moi interesante. Eu creo que tratarán con máis ánimo ese tipo de temas que lles afectan máis directamente a eles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: