Para toda la vida

Este sábado non foi un sábado calquera. Casaban os meus primos (unha de sangue e o outro político, claro está) e todos agardabamos con ilusión ese casamento. Levaban meses preparando esa festa, onde tamén se ía bautizar á súa primoxénita. Na Igrexa chegou o momento máis esperado, a entrada triunfal da noiva, do brazo de seu pai, que levaba á meniña en brazos. Todos os invitados nos mirabamos de xeito cómplice, ao mesmo tempo que a miña prima mantiña un sorriso nos beizos evitando que as lágrimas aflorasen á superficie. O noivo xa estaba emocionado cando ela chegou ao seu nivel.

Fixarse nos pequenos detalles é o que nos fai lembrar un acontecemento importante. As miradas cómplices, os movementos repetidos cun pé sobre o chan, o brillo nos ollos dos familiares… todas esas cousas comunican moito máis que calquera palabra e teñen a forza de contaxiar a mesma ilusión a todos os que estamos preto. Para min, iso é comunicación e reflicte perfectamente a esencia do que se coñece como “comunicación interpersoal”.

Salgado Santos, GBCP, 4A2

Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Coincido contigo. Para min nas vodas é onde de verdade se mostran os pequenos detalles que fan posible a comunicación.

    • Ademais hai que proporse fixarse neses detalles, o cal non é nada difícil se temos en conta a emoción que nos invade neses momentos.

  2. Los pequeños detalles siempre son los que más importan aunque sean los que menos se ven. Son los que deciden.

    • Cuando nos entreguen los vídeos “oficiales2, comprobaré si se recogen los detalles o, si por lo menos, se dejan entrever.

  3. Ten razón Matt, os pequenos xestos, as cousas que facemos sen darnos conta ou nas que nunha familia acabamos facendo semellante son as que nos identifican e realmente teñen importancia.
    Cando falamos de comunicación esta está formada por moitos polos e un deles e falar sen unha palabra. Comunicación que eu creo que é a que mostra canto se coñece unha persoa e a complicidade que hai.

    • Coincido con vós ao 100 %, a comunicación neste senso moitas veces reflexa máis e transmite máis que se nos pomos a dar un discurso de cinco horas. Aí está a chave.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: