¡Cómo no te voy a querer!
Que si, que despois de tantas humillacións que sufriu o Real Madrid nos enfrontamentos co Fútbol Club Barcelona, o cadro de Mourinho atopou ao fin redención. E non era sen tempo. Agazapado atrás, pero letal ao contraataque, os brancos lograron frear ao segundo da Liga, sen ser tampouco o dono do balón.
Simplemente aproveitando as ocasións que deixou escapar o Barça, e a “estraña” alineación pola que apostou Guardiola (deixando a Alexis e Cesc na banca), os de Mourinho conseguiron tres puntos de ouro que lle aseguran, salvo hecatombe, o título de Liga.
Os de Guardiola comezaron nerviosos, imprecisos, mentres o Real Madrid buscaba a primeira cun cabezazo de Ronaldo que Víctor Valdés desviou apenas cos seus dedos. Ao pouco tempo os azulgrana tiveron a súa nun erro de Pepe na saída, que rematou nunha aproximación de Dani Alves e unha gran intervención de Casillas, que sen dúbida foi determinante no resultado.
No 16’ chegou o gol madridista, polemizado por un suposto fora de xogo de Sami Khedira, moi difícil de apreciar. Con este tanto, o Madrid afinou a táctica que o caracteriza: repregarse atrás, onde conseguiron atascar ao Barcelona que desperdiciou unha oportunidade nos pés de Xavi Hernández.
No minuto 54’ foi quizais onde o Madrid se mostrou máis vulnerable e onde o Barcelona dispuxo de máis ocasións.
Así chegou o empate, no minuto 25 da segunda metade, cando o recén saído ao terreo de xogo, Alexis Sánchez empurrou o balón ao fondo da rede tras un rexeitamento de Iker.
Cando parecía que ese ía ser o resultado final, polas posicións de ambos conxuntos, Cristiano Ronaldo calou ao Camp Nou ao máis estilo Raúl cun remate cruzado ante a saída de Valdés.
O luso poñía, por tanto, o 1-2 definitivo no marcador, co que o Real Madrid conseguía poñerse a 7 puntos na clasificación e daba case por sentenciado o título de Liga.
Dapía Freitas, S1B, 2A1
Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Comunitaria, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 10 Comentarios.
Para una vez que ganáis algo, tampoco vamos a llorar. Y el primer gol fue más suerte que otra cosa 😉
Opino igual. Os lleváis la Liga después de 3 largos años, no es un gran mérito que digamos. Además, a Mourinho ya le tocaba ganar en el Camp Nou 😉
No fondo estades picados, siempre doe perder co eterno rival 😉
jajajaja, igual de suerte tuvo Alexis no do FCB 😉
Crónica que narra al pie de la letra como transcurrió el partido, me gusta que no caigas en el fanatismo, aunque tiene sus “toques”, a la hora de realizar una crónica. Enhorabuena por la crónica y por la Liga 😉
Toda a razón. Doe, claro que doe… Non obstante, felicidades e a pola Champions!jj
Gracias, e igualmente 😉
Gracias, gracias 🙂 Alégrome de que che gustara.
¿Cual crees que fue la clave del partido, María? Yo opino que anotar el 2-1 por “el bicho” (parafraseando a Manolo Lama) al poco tiempo de ver como te empataron fue una de las claves. El problema del Barça es que le falla el plan-B, en mi opinión.
Estou de acordo. O gol chegou nun momento no que as cousas estaban moi igualadas, quizais algo máis a favor do FCB. Conseguiu ter o balón durante uns minutos e así chegou o único gol do conxunto azulgrana. En canto ao plan B, tamén coincido. Sen balón o Barcelona non é ninguén, e o Real Madrid o sábado conseguiu arrebatarllo e atascar ao equipo de Guardiola. O “tiki-taka” non foi posible e venceu a forza física e o contraataque dos de Mourinho.