“Gracias… ¡e ata outra!”

Con este post damos por finalizado o noso traballo de TS sobre a comunicación tradicional baseado na linguaxe das campás. Foi un traballo ben estudado, ao que lle dedicamos moito esforzo, e creo que como tal nos foi recompensado. O pasado xoves 19 expuxemos as nosas conclusións acerca deste tema, e a xente non só parecía satisfeita, senón que se interesou máis aínda polo traballo, como no caso de David Leiro, quen nos pediu o vídeo e máis a presentación. Todos os membros do grupo estamos contentos polos resultados, e agradecemos o voso constante interese, o que nos facía dedicarlle tempo aínda con máis ganas.

Déixovos a continuación o link á presentación e mais ao vídeo.

http://prezi.com/lhpfxmrb0k74/comunicacion-tradicional-a-linguaxe-de-bronce/

http://www.youtube.com/watch?v=GlmQh8slBGc&feature=youtu.be

Dapía Freitas, S1B, 2 A1

Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Gracias chicas !! e eu encantado, porque as campás lonxe de ser só unha mera aficción ou ou aplique decorativo son algo máis significativo no maxín galego, como todos vós reflectistedes no traballo. Eu teño pensado coma proxecto futuro organizar un simposio sobre campás e campaneiros da prov de Pontevedra e que pode abarcar máis puntos de Galicia, e estades invitados se se chegara a realizar. Aquí vos deixo un par de links sobre a fabricación en Arcos da Condesa (Cldas d Reis) de onde saen a maior parte de campás de Galicia, e mesmo as da Catedral da Almudena.
    Fabricación Artesanal de campanas:
    1ª parte: http://www.youtube.com/watch?v=n_iGfyWxRYE
    2ª parte: http://www.youtube.com/watch?v=ndYQ0pf8dMc&feature=fvwrel

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Gracias a ti, foi unha marabilla entrar nos post e ver sempre un comentario teu. Agradecémosche moito o interese! E por suposto botarémoslle un ollo a eses enlaces 🙂

  2. A verdade é que voso traballo foi un dos TS que máis me chamou a atención dende un principio. Lamentablemente, non puiden achegarme a vosa exposición, pero acabo de ver o vídeo.A verdade é como dicides vosotros: as campás son substituidas por outros aparellos tecnolóxicos que nada ten que ver co funcionamento das cordas e que tristemente a labor das campás quedará estinguido no momento en que eses curas e anciáns que coñecían a linguaxe, morran.
    Por sorte, agora grazas a vosa investigación, se algunha vez escoito repicar as campás intentarei recordar se se trata dun falecemento dunha muller ou un varón e escaparei coma poida se tocan a campá arrebato, que esa é inconfundible.
    A pena é que, non creo que suceda. Outra tradición máis que acabará por esquecerse…
    Rego Rey

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Seguramente así sexa, e toda esta tradición acabe por desaparecer. Pero aínda hai certas esperanzas con xente nova como David, que está interesadísimo e practica esta actividade na súa parroquia. A verdade é que é xenial que xente tan nova esté interesado no tema, xa que queiramos ou non, trátase dunha forma de comunicación comparable a outras moitas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: