“LECTURAS: a conducta dos nenos e a adición ante as Novas Tecnoloxías” (Grupo S1D)

Para realizar o noso traballo TS, decidimos facer unha serie de lecturas que nos axudasen a comprender mellor o tema a tratar. Cada unha destas lecturas, a pesar de falar sobre o mesmo tema, aportounos información adicional interesante.Vou falar de dúas delas que creo que poden axudar a comprender mellor como se desenvolve a sociedade actual ante os cambio tecnolóxicos, sobre todo no ámbito dos máis novos.

A primeira delas é a obre de Durán, X.(2004). A televisión, as novas tecnoloxías e a conducta dos nenos. Santiago de Compostela: Laiovento. Nela explicase o panorama actual das novas tecnoloxías e os nenos pero centrándose máis na televisión. Afirma que a programación guiase polo público maioritario de cada franxa horaria e a maioría desta programación é inadecuada para os nenos. Os programas afectan así a súa conducta e sobre todo ao seu aprendizaxe xa que a partir dos 4 ou 5 anos os rapaces comezan a imitar a modelos da súa vida cotiá. Tamén ofrece un perfil do adicto moi interesante. Durán afirma que unha persoa adicta pasa entre 12 e 18 horas diarias pendente de internet ou do mobil e que prefire permanecer na casa para chatear ou emprega varios horas diarias para falar polo telefono. Segundo os expertos a recuperación é doada. Este tipo de persoas nunca recoñeceran que están enganchados e por iso que o papel dos máis achegados e moi importante. Segundo as estatísticas as nenas que están en proceso de deixar a adolescencia corren un maior risco de caer nesta adición. A conclusión que sacamos con este libro foi que, está nas mans dos pais e dos profesores vixiar aos rapaces en canto ao uso das novas tecnoloxías para que este sexa adecuado e educativo e non cree problemas xa que do contrario é cando aparecen  as adiccións

Outra das obras consultadas foi a de Becoña, E.(2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid: Pirámide. Este libro está dividido en catro partes: a primeira, máis xeral, trata sobre os máis novos e os riscos que corren ao abusar destas novas tecnoloxías; a segunda centrase xa en adiccións ás novas tecnoloxías específicas; a terceira da un paso máis e fala  das alternativas terapéuticas e,  finalmente, a cuarta parte comenta os aspectos preventivos tras o sometemento á terapia. A obra a pesar ser un “manual” que analiza os riscos dos abusas das TIC nos mozos, é moi familiar xa que a maior parte da información que proporciona é moi próxima ao lector. Con isto chegamos a conclusión de que o tema da adicción é máis coñecido por todos do que pensamos, tal vez porque pasamos por algo parecido ou porque vivimos algún tipo de trastorno mental próximo a nos. Ao igual que a lectura anteriormente nomeada fala da importancia da educación que os pais lles dan aos seus fillos con respecto as novas tecnoloxías para que non se chegue a adición. Pero o que aporta a maiores é información de como se pode chegar á adición enumerando unha serie de características comúns que acostuman a cumprirse en cada un dos casos. Poren o tratamento que se lle da a este tipo de problemas é igual  ao que se lle daría a outro tipo de adición.

As dúas lecturas son moi recomendables se vos interesa o tema das TIC e as adicións que estas poden levar implícitas.

Díaz Leal, S1D; 2A1

Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    As lecturas poden axudar a entender mellor o tema pero realmente, eu creo que cada persou ou estudoso ten a súa propia visión sobre o tema eo que un pode considerar adicción para outro non o é (como ben vós dixestes na exposición).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: