“Traballo rematado e problema non resolto.: A situación da muller no mundo laboral”

A última semana o noso grupo TS estivemos rematando de redactar a memoria sobre o proxecto vinculado coa situación da muller no mundo laboral. Arranxamos algunhas minucias que quedaran sen resolver e elaboramos a nosa memoria individual que remitimos ao voceiro do grupo Adrián Pérez Conde.

Despois duns meses de traballo nos que nos ocupamos de seguir o papel que desenvolve a muller diariamente nos medios de comunicación; de buscar, plantexar e levar a cabo tres entrevistas con mulleres que nos falaron do tema dende os seus puntos de vista; e de seguir un estricto proceso de investigación e documentación; despois de iso e de rematar a parte escrita, demos por finalizado o noso traballo nesta andaina.

Individualmente e tamén como grupo, estamos de acordo en que o noso traballo podería ter mellorado coa axuda dunha exposición na clase para falar do tema ou se recurrísemos ás conferencias con profesionais. Aínda así, sentimos a satisfación de ter a oportunidade de traballar sobre este asunto e de aportar o noso gran de area neste ámbito.

Vázquez Peón, S3A, 4B1

Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: