TS: Festa de Desconcierto Cultural
Na xornada de onte celebrouse a festa da asociación Desconcierto Cultural, á cal asistín. Pola mañá, membros da asociación e compañeiros, desplazaronse ó Liceo Mutante en Pontevedra, onde se realizaría media xordana con outra asociación, os socios do Liceo Mutante. Alí diferentes músicos que están nas dúas asociacións xuntaríanse para realizar unha “Jam Session” (sesión de música improvisada). Os correspondientes músicos improvisarían mentres na terraza do Liceo prepararíase unha churrascada que todos degustaríamos ás 2 e media.
As oito da tarde, socios e acompañantes desplazaríanse a cear a Casa Fidel, na zona vella de Pontevedra, no que seríamos acompañados polo grupo vasco “Lisabö” que despois farían un concerto organizado por Desconcierto. Polvo, tortilla e demais picoteo ceamos mentres presenciábamos o partido de fútbol F.C. Barcelona contra o Real Madrid.
Con todo, as 23 horas, fumos a Sala Karma para o concerto, no que asistiron unhas 250 persoas. O grupo vasco sería teloneado polos locais MLK que presentaron unha mestura de gospel e blues, as doce sería o turno do grupo de San Sebastián: Lisabö. O grupo de Euskadi, a ritmo de dúas guitarras, dous baixos e tamén duas baterías, darían un concerto propio dun dos principais grupos de hardcore estatais. Por último, ademáis de que a experiencia da xornada foi magnífica, o presidente da asociación, Manuel Suárez, díxome que o resultado foi moito mellor cas súas expectativas.
Suárez Otero, S3F, GOBE
Posted on 22 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Actividades da semana, asociacionismo, Curso 2011-2012, Música. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0