“Fin do traballo”

Finalmente despois de case tres meses de duro traballo, estamos a piques de rematar. Hoxe entregaremos a memoria  do noso traballo de TS sobre o divorcio e a separación como conflito na comunicación interpersoal.

A semana pasada empregámola en concretar unha das actividades propostas a principio de curso. A lectura de bibliografía relacionada co tema e a leboración de resumos sobre as obras escolleitas ocupou todo o noso tempo. Nos próximos días teredes a oportunidade no blog de consultar eses resumos sobre as obras seleccionadas, todas dun gran interese e aportadoras de valiosa información sobre o divorcio e as súas causas e consecuencias.

A experiencia obtida na realización deste traballo foi moita e moi valiosa. O trato con especialistas neste tema foi moi productivo, e as súas explicación achegaron coñecementos moi enriquecedores. Dende logo que a realización desta tarefa foi máis que productiva, axudándonos tamén a poñer en práctica moitos dos coñecementos sobre xornalismo adquiridos nas demáis materias da nosa carreira.

Para rematar, o noso grupo de TS S3C quere agradecer a todos os que formaron parte do noso traballo, ben sexa por unha participación directa, como foron os especialistas consultados, ou ben co comentario dos nosos posts no blog da asignatura.

Grazas a todos e ata outra!

 Salgado Álvarez, Javier  S3c,  4A2

Posted on 23 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Como membro do grupo S3C, estou en totalmente de acordo con Javi respecto ó aprendizaxe que este traballo supuxo para min. Penso que as entrevistas realizadas foron unha base moi sólida no desenvolvemento do noso traballo que, esperemos, sexa o esperado en relación coa materia.

    • O certo é que a experiencia obtida durante a realización do traballo, seguro que foi acollida con moito intereés por todos nós. Creo que fixemos un bo traballo e espero que se recoñeza o esforzo e a dedicación coa que o levamos a cabo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: