Grafiti: un medio de comunicación social

Esta arte de, para algúns, “derramar o mobiliario urbano” é para moitos o seu case único medio de expresión. Visto que as manifestacións pacíficas se tornan violentas coa chegada da Policía, é moita a xente que ve nestes debuxos a súa particular forma de opinar e de mostrar a súa indignación dialecticamente.

O grafiti adóitase relacionar co mundo do hip hop se ben é certo que a maioría do seu significado ten sempre un fondo de protesta política ou social.

Segundo o libro de Norman Mailer, La fe del grafiti, foi a década de1970 a de maior proliferación desta arte urbana que foi adquirindo cada vez máis afeccionados, atraídos pola nova forma anónima de comunicación nunha sociedade que non nos conforma a todos. Porén, esta nova forma non gustaba en  EEUU que intentou “vietnamizar o arte do grafiti” e incluso o alcalde de Nova York chegou a relacionar o “auxe da cultura do grafiti con problemas de saúde mental”.

Asemade, hai unha certa polémica que atinxe a estas pintadas: o respecto cara os donos dos lugares onde se pintan. Estou de acordo con Mailer cando afirma que se chegou a un punto no que non se sabe distinguir entre as pintadas irrespetuosas dos aseos públicos (con frases como: “Jódete”), pintadas que non son grafitis, e a arte urbana que para el, está destinada a existir e a seguir existindo pois é intríseca á cadea de evolución comunicativa.

Hoxe, afortunadamente seguimos vendo grafitis… Porque a arte é difícil de matar.

Díaz Villaverde        S2A, 2A3

Posted on 23 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Carlos Asensio Castro, GBCP

    Me gusta esta reflexión y también creo que no se debe confundir la “pintada” con el arte. Claro que hay veces que si pintas en una pared pública es “ilegal” pero yo estoy a favor del graffitti como medio de expresión. En Vigo, por ejemplo, donde yo vivo. Hay ciertas paredes que el propio Concello pone a disposición de estos artistas urbanos para que realicen su arte e incluso colegios que contratan a estos chicos para que les decoren sus fachadas. Esto es lo que yo creo que es el arte del graffitti y el que diga que una firma un poco creativa en una pared lo es miente.

    • Yanire Díaz Villaverde

      É unha boa iniciativa a de Vigo, este tipo de expresión non é necesario vetala xa que hai xente que non ten outros medios para opinar e non teñen porque deixar de facelo porque non conten coa oportunidade de manifestar a súa voz con outras canles. Pena que non todos os concellos decidiran optar por esa iniciativa tan popular… véxase o caso de John Lindsay.
      A verdade é que eu vivo nunha aldea pequena e os grafitis non son o máis común. Porén, si o son as pintadas irrespetuosas. He aí onde xurde o debate. Cada un ten a súa opinión.
      Grazas por comentar, Carlos!

  2. Un dos seus artistas favoritos é un graffiteiro Bansky. Como ben dis hai que diferenciar entre o vandalismo e a verdadeira arte e coidar e respetar esta como se debe.
    Aínda así hai situacións que poden chegar a ser complicadas como ocorriu coa guerra entre graffiteiros en Londres dende os anos 90, que aínda que moi interesante e prolífica a nivel artístico tamén pode abrir debates sobre o respeto ás obras dos outros e a súa liberdade de expresión.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Obviamente, pero sempre que se opina sobre algo co que non se está de acordo hai que falar de “liberdade de expresión”. Seguro que se os grafitis foran sempre de apoio ás normas e poderes establecidos non xerarían tanta polémica. Ó “inimigo” hai que controlalo, pero fanol xulgándoo cunha xustiza que é facilmente vulnerada e empregada á favor dos que máis mandan. Multas por escribir quizais nun sitio onde se non houbese eses debuxos habería carteis de publicidade.
      Grazas por comentar! 😀

  3. Por supuestísimo que hay que distinguir entre “takeos” firmas de gente, que simplemente busca llamar un tanto la atención, pero sin duda sin ninguna aspiración artística, de las verdaderas obras de arte que encontramos en muchos muros de nuestra ciudad.
    No entiendo como se puede generalizar el concepto graffiti y meter dentro este tipo de pintadas que poco lo benefician como medio de expresión artístico.
    A mi unos de los artistas urbanos que más me gustan es el italiano “Blu”, que hace colosales obras por todo el mundo, con varias lecturas y siempre con el punto de hacer crítica social.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Exactamente. De feito, Norman Mailer tamén di que moitos dos “grafiteiros” de hoxe en día o que pretender e chamar a atención con esta arte… e fano pintando alí onde a xente pense “¿pero como é posible que dese chegado ata alí? Ultimamente os que se incorporan a esta xa non tan moderna forma de comunicar parece que intentan buscar máis chamar a atención que deixar ver a súa protesta político-social.
      Debo recoñecer tamén que non coñezo a “Blu” pero pouco tempo me vai durar essa ignorancia!
      Grazas por comentar!

  4. Estou dacordo con Román Conde en que se debe diferenciar os ”tags”,os ”throuw up” e mailo ”street bombing” do que se vén en chamar ”murals”. Sen embargo o das zonas habilitadas para pintar fan perder certo romanticismo á esencia do graffiti. Se falamos de murales sempre é arte, SEMPRE!!!

    • Yanire Díaz Villaverde

      Particularmente creo que non consiste nunha perda de romanticismo. Non sei se algunha vez espertache con pintadas nalgunha das túas propiedades, pero sinceramente non fai ningunha gracia. Na miña opinión, habilitar certas zonas para que estes artistas continúen protestando co spray non significa quitarlle esencia ó grafiti senón que é unha alternativa para que esa xente que pagou por uns muros e á que non lle gusta este tipo de arte (unha opinión perfectamente respetable) teña o mesmo dereito que temos os outros a ter as nosas propiedades “limpas” (como din eles).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: