“ProT: Unha Radio Altoparlante Galega é posible”

Para o noso traballo ProT botamos man da testemuña das radios galegas para saber qué necesitariamos para realizar unha radio altoparlante na nosa comunidade, ademais de qué materiais ou consellos nos poderían ofrecer.

As radios que escollemos para a nosa análise foron as seguintes: Radio Negreira, onde conseguimos falar con Emilio Forjado; Si Radio Porriño; Cuac FM; e Radio Nordés, onde falamos co director da mesma: Pepe Formoso.

Foi moi interesante a información que acadamos despois das entrevistas realizadas. Todas as radios coas que contactamos ven este proxecto como algo interesante e relativamente sinxelo de levar a cabo. Todas elas estarían dispostas a colaborar, xa sexa promocionando a iniciativa, cedéndonos un espazo no seu estudo, deixándonos materiais e voz ou incluso algúns ofrecéronnos incluír o programa na súa propia emisora sempre que tivese éxito.

Mariano Fernández, de Cuac FM, afirmou que en Galicia temos unha carencia bastante grande no que se refire ó dereito a comunicar por parte da cidadanía e que, a nosa actividade, lle parece unha boa maneira de dinamizar o medio rural. O noso proxecto ten, polo tanto, moitas posibilidades de ser ben acollido.

En conclusión, de levar a cabo este proxecto que, segundo as radios sería viable, precisaríamos adaptalo á comunidade galega, moi distinta á ecuatoriana; en canto a infraestruturas, en principio, sería suficiente cuns micros, unha mesa e un equipo amplificador; elaborar os contidos en función dos problemas e preocupacións da comunidade así como dos intereses de feirantes e comerciantes; e por último, a financiación, que é o máis complicado, pero como dixo Mariano Fernández, quizais o crowdfunding podería ser unha boa alternativa, posto  que, os poderes públicos xa non financian este tipo de actividades.

Castro Rodríguez, Raquel

S1D, 1B2

Posted on 23 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Esta é unha actividade que pode significar unha alternativa ás que observamos hoxe en día, e máis en tempos de crise co medio de financiación proposto por Mariano Fernández. Nembargantes eu pregúntome se a demanda dunha radio deste estilo no noso país pode ser o suficientemente elevada como para xustificar o investimento.

    Salgado Santos, GBCP

  2. Esa é tamén unha das preguntas que xurdiu no desenvolvemento do noso traballo. Efectivamente sería unha boa alternativa e, no fondo, productiva, pero na sociadade e cultura que envolve o noso país non sería tan fácil levala a cabo. Como xa dixen neste post, teríamos que acomodala en función da sociedade, galega neste caso, e a verdade é que na nosa comunidade hai moitas feiras que pagan a pena e con algunhas, como a feira de palilleiros en Camariñas, xa se está a facer algo similar. Polo tanto eu penso que, de facelo ben, sí que pode pagar a pena o investimento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: