Un xornalista feito poeta

Acostumados a velo na súa faceta de reporteiro, escritor de novelas ou fotógrafo, sorprende contemplar a Kapuscinski nas páxinas do seu libro Poesía completa, nas que plasma os seus escritos máis persoais.

Ryzard comezou a súa actividade literaria escribindo poemas pero posteriormente decantouse polo xornalismo. Anos despois, na década dos oitenta, o escritor volveu retomar o estilo poético, xa que, como el mesmo afirmaba: “Uno escribe poesía porque hay cosas que no se pueden decir de otra manera.La poesía es el único camino”.

Trátanse así de poemas breves nos que se ve reflectida a súa faceta xornalística, xa que, aínda que posúen un estilo lírico moi estético, prima a inmediatez e a concreción típicas das noticias. A pesar disto, esta faceta xornalística queda esquecida á hora de plasmar nos versos os seus pensamentos máis persoais. Nin vivencias, nin reportaxes, nin novelas… tan só versos que mostran pensamentos fugaces, como se de notas mentais se tratasen. Son reflexións a cerca da humanidade, un reflexo do lado máis humano de Kapuscinski no que contempla o lado máis individualista do ser humano, pero tamén o seu papel no conxunto da sociedade. Un xeito de comunicar que se afasta do xornalismo pero que non perde a esencia máxica dun reporteiro de guerra que viviu nas súas carnes o que outros nin imaxinan.

Trátase sen máis de un home que, como el mesmo se definía, era reporteiro de profesión pero poeta de vocación.

Álvarez Patiño, S1E, 1A3

Posted on 23 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Teño que confesar que admiro moito as dúas facetas deste xornalista. Para min este é o exemplo do que todos desexariamos nalgún momento ser. As súas reportaxes de guerra contan moitas cousas pero cunha sinxeleza expresiva digna de admirar. En canto ás poesías, non estou moi informada pero segundo teño entendido tamén gozan desa sinxeleza, de comunicar ben sen ter porque ser complexo.
    Por último, en canto á reflexión final teño que dicir que, malia que el dixese o contrario, eu creo que a súa profesión tamén era a súa vocación.

  2. Carlos Asensio Castro, GBCP

    Coral, podrías aportarnos algún titulillo de este artista para los que todavía no lo conocemos bien. He de reconocer que me has despertado bastante interés y que creo que me leeré algún libro y algún reportaje de este hombre. Enhorabuena 😀

    • hortensia gesteira estévez

      Carlos, a verdade é que oxalá te aficiones a Kapuscinski. Eu lin moitísimo del e a verdade é que non me deixou indiferente. Algúns títulos son: “Ébano”, “La guerra del fútbol”, “El imperio”, “El sha o la desmesura del poder”, “Cristo con un fusil al hombro”, “El emperador”, “Los cínicos no sirven para este oficio”… realmente, os seus libros aportan unha visión do que debería ser o xornalismo na actualiadde e dá unha pequena esperanza de que o verdadeiro xornalismo pode ser posible.

  3. Coral Álvarez Patiño

    Estou totalmente dacordo con Hortensia Carlos, oxalá te aficiones a este autor. Ten unha obra bastante extensa, xa se che mencionaron varios títulos. Eu recoméndoche o libro de poesía, para coñer un pouco todas as súas caras, Os cínicos non serven para este oficio e Ébano, xa que foron os que máis me gustaron a min. Aínda que teño que dicir que os demáis tampouco teñen desperdicio dende logo, cada libro seu é un mundo que che descobre centos de cousas da forma máis cercana e sinxela posible.
    En canto o que mencionaches ti Hortensia, o certo é que non teño nada que obxetar, dende logo que é un referente para calquera de nós. E concordo contigo tamén no de que a súa profesión tamén era a súa vocación, paréceme imposible que sen ser así puidese chegar a ser un xornalista de primeirísima liña (como sen dúbida o foi).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: