“ACNUR aposta pola mellora da condición do refuxiado”
O pasado martes día 17 de abril acompañounos David García Romero, un membro de ACNUR. Esta é unha ONG de emerxencia cuxo obxectivo é “salvagardar os dereitos e o benestar dos refuxiados”. Este rapaz fixo unha exposición sobre a diversidade de ONG´s facendo un repaso polas máis coñecidas por todos nós:
- Emerxencia: Médicos Sen Fronteiras, Acnur
- Desenvolvemento: Unicef, Intermon Oxfam, Aldeas Infantís, Vicente Ferrer, Cáritas, Unifem, Cruz Vermella
Por outro lado, apoiándose nun xogo que hai na rede –http://www.contravientoymarea.org/– explicou as diferenzas que hai entre os termos inmigrante e refuxiado, xa que moitas veces estes conceptos mistúranse. Esta parte da exposición fíxose moi amena xa que chamou á interación do público presente. Con todo isto, repasou un pouco a historia dos refuxiados e os principais lugares que actualmente están no punto de mira: Colombia, Somalia, Siria, Sudán…12.000 millóns é o número total de persoas que non teñen dereitos nin nacionalidade.
ACNUR intenta construír campos de refuxiados para a súa mellora, mais non pretenden que estes permanezan alí para sempre. Só queren conseguir unha nacionalidade e unha adaptación a un novo mundo. Así, fan peticións de asilo, pero tamén peticións de retorno. Un dos campos que toca destacar é o de Tanzania, o maior do mundo cunha capacidade de 800.000 persoas. Pero a cuantía económica necesaria para cubrir os gastos destes campos é moi alta polo que ACNUR conta con doacións de socios, do gobernos e de grandes marcas como Ikea.
Para finalizar David mostrounos o seguinte vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=MCs1qlUj0DA
Lozano Aguiar
S2D
2b1
Posted on 24 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Diversidade Cultural. Bookmark the permalink. 5 Comentarios.
O que si que me quedou claro tras a conferencia é a diferenza entre o inmigrante e o refuxiado. Este matiz cómpre telo en conta para entender o labor desta axencia!
Moi interesante a charla, creo que todos puidemos entender dunha maneira moi dinámica e cercana a esencia do que é un refuxiado e cómo actúa esta organización. Noraboa! 🙂
Eu teño unha pregunta, Lara, cres que é correcta a política de comunicación que están levando, saturando á xente pola calle?, non pensas que poden crear máis rexeitamento que achegamento. Penso que para dar a coñecer o que conseguen ou para reclutar a xente non é a mellor forma de facelo.
Está claro que non é a mellor forma de facelo pero en caso contrario quizais non se desen moito a coñecer e nestes momentos a axuda dos voluntarios importa máis ca nunca. Ou iso é o que eu creo aínda que saturación si que hai bastante.
Pois eu penso que desa maneira si nos poden achegar a realidade. Comprobeino o día que foi a charla, o número de persoas que houbo era deprimente e iso que o anunciamos. Preferirías que o puxexen na tv, na radio ou en internet? Eu penso que é un contacto máis directo, que a xente se achega a ti e que che fai polo menos cavilar un anaco.