Cambio radical
A vida humana é o que transcorre durante o tempo improdutivo, é dicir, as persoas viven realmente na súa condición humana e deixan de ser máquinas de producir tan só nas horas que traballan. Esta é unha práctica moi estendida sobre todo en traballos de tipo fábrica, onde os traballadores tan só realizan movementos aeróbicos continuos como as máquinas sen sequera ter que utilizar a mente por segundiño. Sen embargo a profesión xornalística é unha desas nas que a persoa que a desenvolve é ou debería ser capaz de levar a cabo sentido un pracer en moitos casos hedonistas.
O comunicador local é en moitos casos un deambulante que pasa notas de prensa a limpo como traballo, ( unha función totalmente mecánica e que quen sabe se poderían acabar realizando as máquinas) e que se dedica a desfrutar logo desas horas de traballo. Mais este xornalista debe cambiar as tornas, debe deixar de levarse por estas rutinas e prácticas repetitivas e sen interpretación ou conciencia crítica. Deben cambiar o seu tempo produtivo en tempo de pracer, onde desenvolvan tamén o seu ser como persoas. Esta é a solución para que moitas veces os medios locais e as súas informacións collan forza, sexan críticos de verdade e comecen a espertar conciencia crítica dos cidadáns. Pode que o capitalismo nos leve a un mundo de mercancías como dicía Benjamin, mais nin o xornalista nin o seu traballo deben de selo. Nese sentido debe cambiar e radicamente o xornalismo local.
Abuín Mallo, CLX4
Posted on 24 Abril, 2012, in Documentos and tagged Comunicación Local, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0