Existen actualmente os valores humanos?
Actualmente fálase da perda dos valores humanos. Para afirmar esta premisa é necesario achegar a definición de valores. Estes son aqueles conceptos que poden ser postos en práctica na nosa vida para que poidamos vivir mellor. Tanto en forma íntima, persoal, familiar, grupal e social. Por iso, todo valor é un concepto operativo. Xeralmente defínense como pautas que a sociedade establece á hora de relacionarse e interactuar cos demais. A idea dos valores xa apareceu na antiga Grecia, mais sen divisións. Hoxe en día enténdese a partir de grupos relacionados con cadansúa disciplina ou ciencia, segundo as polaridades, o radio da acción, etc.
A culpa da súa desaparición recae sobre a docencia e sobre os pais, xa que estes non son capaces de transmitilos aos novos cidadáns. Pero tamén se pon fincapé na perda de valores noutros ámbitos como a política.
A continuación mostrase un vídeo no que os nenos venezolanos aprenden o que son os valores e o seu significado a partir dun xogo ideado para o “1º Encontro Ensinar con Tecnoloxías”. Este tema interesoume dende a semana pasada tras a conferencia sobre a condición dos refuxiados que organizou o grupo de TS S2D.
http://www.youtube.com/watch?v=VJtz_SaFUK0
http://d1061917.domain.com/valores.humanos.htm
Lozano Aguiar
S2D
2b1
Posted on 24 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged comunicacion interpersonal, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Dende o meu punto de vista a perda de valores non se debe á docencia, senón ao entorno no que viven os adolescentes e fundamentalmente aos pais, que moitas veces non saben educar aos seus fillos. ( Digo isto porque agora parece que é a escola a que ten que educar aos nenos no canto dos seus pais.). A perda de valores penso que está relacionada co progreso da sociedade. Antes existía un gran respeto (case medo) cara os profesores e cara os pais, que se cadra non era o adecuado, mais agora a falta de disciplina está provocando esa perda de valores (un exemplo é a xeración nini). Os xóvenes pasaron de non ter nada a telo todo, e isto é positivo se sabes empregar ben e valorar os recursos que tes, mais o certo é que hoxe non somos conscientes do verdadeiro valor das cousas.
Hai unha teoría na que se culpa só á docencia, pero dende o meu punto de vista esta non ten toda a culpa. Claro está que antes que ninguén quen debe educar aos nenos son os pais que son os que teñen todas as responsabilidades sobre eles non? A sociedade torna tamén e con ela o ser humano e o que valora, o quere… este tamén. Deberíamos facer logo algo nós?
Na miña opinión si que estamos perdendo valores humanos, xa que cada vez máis un mira polo ben propio e non polo ben común como deberíamos.
O ben propio non afecta tanto á perda de valores, creo eu. Aínda así sí que son cousas que parece que van unidas. O respecto, do que se falaba nun comentario anterior é necesario, miremos máis polo noso que polo dos demais.