Ir, ver e contar

Entrar na redacción a primeira hora da mañá, chamar á policía, revisar o correo electrónico, imprimir as notas de prensa, visitar ó alcalde de turno no Concello (e non facerlle preguntas moi comprometidas, non vaia ser que conte algo de proveito e te meta nun compromiso) facerlle un oco no xornal a un coñecido ao que lle prometiches que lle ías publicar certo tema, redactar as novas, copiar directamente dos comunicados, volver a chamar á policía (e que non pasara nada a estas horas, que a ver onde o meto) e abandonar a redacción ata o día seguinte.

Esta é a rutina na que caen moitos xornalistas, na súa maioría do ámbito local, convencidos de que cada ano pasan as mesmas cousas, nas mesmas datas, e perseguindo un traballo no que acomodarse , no que cobrar catro patacos a fin de mes que che proporcionen algo de estabilidade económica (o xusto para vivir, vamos) e que as horas na redacción rendan ben para non quedarse ata moi tarde. En definitiva, un xornalismo de oficina, de comunicados e notas de prensa. Pero é necesario chegar a este punto?

Os ámbitos locais son espazos vivos, cheos de noticias, de historias que contar e “chanchullos” que descubrir. E o xornalista é o encargado de descubrir todos estes aspectos das localidades e facerllos chegar á xente, ávida de información do seu entorno. E para conseguilo debe saír da redacción, levantarse da súa cadeira e percorrer a localidade, coñecer cada recuncho, falar coa xente, comunicarse co entorno, observar, aprender a mirar o global con ollos locais e cuestionarse moitos dos aspectos da vida cotiá, xa que só así poderá converterse nun verdadeiro xornalista e ofrecer información de calidade.

Rivas Martínez, CL4X

Posted on 24 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Beatriz Yáñez Castro

    Defines moi ben como é o día a día de moitos xornalistas locais. Cada ano o mesmo, os mesmos actos, aqueles mesmos personaxes que queren saír naquela data sinala…pero, por que non saír á rúa para contar novas historias? Non podemos encher o xornal ou o informativo sempre co mesmo, hai que indagar e contar o que realmente acontece. Falar do que fai “artificialmente” o alcalde de turno xa está moi visto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: