La estragegia de Sherezade
Son as victorias electorais froito dun bo uso do relato? Segundo Christian Salmon, autor deste manual, non o 100%, mais si que o condicionan en gran medida. Segundo se comenta neste libro, é a batalla de historias, e non do debate sobre as ideas, o que determina a reacción dos votantes ante unha competición presidencial.
As boas historias, a capacidade de conmover ó público, de espertar reaccións a través de relatos persoais determinan a elección dos votantes o día dos comicios. Unha forma de carisma cuxas raíces xa non se atopan na historia colectiva, senón na biografía e nas cualidades persoais do líder político. Así, conquistando corazóns e mentes, políticos coma Kennedy, Barack Obama ou Hilary Clinton buscan a captación de votos dun xeito máis literario ca político.
Fernández Fernández, S2B, 2A3
Posted on 24 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Interpersoal, Curso 2011-2012, Libro, Política. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
O que importa é convencer á xente. Ter unha boa campaña electoral e saber convencer é o meolllo dentro das eleccións. Dentro dos partidos este tema estúdanse moito porque é co que poden chegar as ser os que mandan. Toda disciplina ten o seu lado literario.
Eu son das que pensan que unha boa historia pode facer gañar máis votos ca calquera campaña ou mesmo un cheque bebé. Conseguir empatizar co público non é unha tarefa sinxela. Moi pouca xente consegue aglutinar masas tan heteroxéneas e só a traves dunha historia, da literatura, en definitiva, a xente é capaz de converxer.