“ProT: Entender Itinera”
Ao longo de todo este tempo en Itinera, levando a cabo a función de darlles clases a persoas con esquizofrenia, observamos que a relación que se establece entre a directiva do voluntariado e os usuarios deste non é unha relación igualitaria. Existe un líder que establece os horarios e pon as normas. Aínda así, a relación comunicativa si que é máis igualitaria, sempre dependendo do tipo de actividades. Por exemplo, no ámbito académico a relación é de profesor- alumno, mentres que nas actividades de debate o trato é totalmente ecuánime.
En base a isto, a organización xira en torno a un director que é o líder coordinador da fundación (Carlos Martínez), a uns voluntarios fixos, que se encargan das actividades que precisan dunha maior constancia e dos pisos tutelados, e a uns voluntarios temporais que axudan nas demais actividades.
A asociación posúe unha vinculación co Psiquiátrico do Conxo, ten pisos tutelados no centro de Santiago e dispón dunha revista anual onde explican e difunden todas as súas actividades. Aínda así, á hora da distribución publicitaria en redes socias e Internet, Itinera dispón de medios escasos, feito que se propón mellorar no futuro.
Outra actividade que a asociación estaría interesada en desenvolver no futuro é realizar un convenio coa USC. Así facilitaríase en próximos anos a busca de voluntariados nesta materia, e eles mellorarían o seu radio de difusión para buscar persoas dispostas a axudarlles.
Álvarez Patiño, S1E, S1A1
Posted on 24 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, Itinera. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Entendo ben o voso rol, xa que nós traballamos con unha asociación con doentes de Alzheimer. O convenio coa USC soa ben pero coma todo, neste tipo de asociacións, vai lento ben por falta de medios económicas ou pola pouca implicación da sociedade.
Entón estou segura de que comprendes a situación de ter que tratar con persoas cunhas características especiais ás que debemos tratar dun xeito natural, sen temas tabús e sen medos a levar a cabo unha comunicación franca e sincera.
Sobre o convenio creo que tes toda a razón, de feito supoño que iso foi o que impediu que Itinera xa o fixera a día de hoxe. Aínda así, co paso do tempo, supoño que todas as relacións que se queiran establecer entre ámbalas partes se poderán realizar se se intenta.