“Un presidente, unha entrevista”

Dende o noso TS presentámosvos a reseña da nosa última proxeción do ciclo de cine Presidente Mitterrand. Dirixida polo realizador marsellés Robert Guédiguian, é unha película que aborda a controvertida figura do mandario francés no desenlace da súa vida.

As entrevistas entre Antoine Maureau, un xoven e ambicioso xornalista, e Miterrand son o hilo condutor deste film que intenta retratar os claros e escuros de toda unha vida adicada á política. A dimensión máis humana do mandatario sae a relucir ó longo do relato en conversas sobre as mulleres, a literatura, a filosofía e a morte. As imaxes dun Miterrand enfermo contrastan coas imaxes de home con autoridade e poder.

O presidente é reflectido como un haxiógrafo de sí mesmo; ególatra e carismático a partes iguais, persuade  coas súas dotes comunicativas tanto á esquerda como á dereita no seu imparable ascenso.

Máis aló das consideracións que pode espertar a súa biografía, o certo é que dende a perspectiva da comunicación política, foi un home cun gran poder de convición teña ou non ideoloxía.

En canto a Antoine, por unha parte quere saber a verdade, pero por outra, quere complacer ao ancián co que está a trabar unha amizade. Antoine nalgúns casos semella un íntimo confidente e noutros un duro xuíz.  Nel, atópanse en loita e contradición o seu pensamento político e as críticas que se derivan do mesmo cara o líder, e o seu crecente afecto polo embelesador de masas, o encantador de serpes que foi François Miterrand.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Posted on 24 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: