Veto!

Unha das cousas máis feas que se pode facer dentro da produción xornalística é vetar a unha persoa, entidade ou organismo determinado dentro dalgunha información na que a priori debería estar presente. E iso que a nós, xornalistas do século XXI, nos parece xa algo extremadamente decimonónico, aínda ocorre hogano, e con moita máis frecuencia da que poida parecer. Eu ilustrareivos con dous exemplos reais, que me sucederon este pasado verán no diario El Progreso.
En anteriores artigos falei das virtudes da miña curta estadía no xornal lugués, pero agora toca tamén facer algo de crítica, construtiva, como non podería ser doutro xeito. Resulta que, en dous casos diferentes, puxeron reparos a dúas informacións miñas debido a que non eran válidas para o xornal, ou mellor dito, porque nelas participaban entes que non lles interesaban o máis mínimo á cúpula directiva. A primeira delas foi unha reportaxe sobre unha web de compras a nivel galego, Flashwer, que tivo que saír publicada no suplemento local en vez de aparecer na edición para toda a provincia. Cal era o problema? Que ó ser unha páxina web, facía competencia á web de El Progreso. Aínda hoxe me pregunto que tipo de competencia… En fin…
O segundo caso, máis habitual en moitos máis medios, sucedeu durante a cerimonia de publicación das obras premiadas no Certame Literario das Festas de San Ramón, na que actuaba como mantedor un tal Xulio Xiz, xornalista, algo que non apareceu na noticia. Eu, inxenuo de min, redactei a información citando a susodito individuo no corpo, pero unha das compañeiras alertoume: ‘Quita iso, que está prohibido’. ‘Por que?’, preguntei. ‘Ordes de arriba’. Tampouco sei hoxe a razón dese veto… En fin… Outra vez será…

Baruk Domínguez Grandío

CLX4

Posted on 24 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Iso é parte dos temas económicos que moven o xornalismo. Seguro que o do xornalista é porque traballa para outro medio, i informáte e verás como sí. No xornalismo, coma en outrasprofesións tamén se dá o veto. Aínda que isto teña connotacións negativas ás veces tamén é positivo. Fíxate en casos de criminais, por exemplo.

    • Home claro, en casos de criminais é certamente xustificable. E certamente, como ti dis, Xulio Xiz escrbe artigos en La Voz de Galicia, o que si ‘axudaría’ a ese veto. Eu o que non entendo é por que hai que vetalo, se noutros medios aparecen persoas de medios alleos e non pasa nada… A verdade, este é un mundo de tolos… (Por certo, graciñas por comentar!!!)
      Baruk

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Moitas veces pasa que persoas que reciben premios de fotografía ou redacción e se fan coñecidos, normalmente non se fala do seu pasado noutros xornais. Eu xa teño reparado niso. Por que? Pois polo que dicides aí, non se quere falar dos “méritos” que se poden relacionar coa competencia directa. Bo post!

    • Graciñas, Beatriz!!! E iso que dis é moi certo, e fala do pouco respecto entre compañeiros de profesión do que ‘presumimos’ os xornalistas. Ante todo, e traballemos para o medio que traballemos, debemos recoñecer cando un compañeiro é bo, cando fai un traballo correcto, aínda que traballe na competencia. Así mesmo, se temos un traballador dentro da nosa empresa que fai algo mal, temos que chamarlle a atención, outra cousa que non se adoita facer. É necesario axudarse máis os uns ós outros para así ter un xornalismo máis útil e auténtico. Reitero o meu agradecemento polo teu comentario!!!
      Baruk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: