Emendamos.

Seica din que rectificar é de sabios. Eu non estou tan dacordo. Os eruditos, os ilustrados non teñen que molestarse en enterrar nin parchar os desacertos unha vez cometidos. Pero coma humanos si somos, alá imos:

Onte publicouse ó meu nome un post titulado “Entrevista con Beatriz Abeijón, xefa de prensa do PPdeG”, comentario que xa foi retirado do blog posto que cometín as seguintes imprudencias:

1)      O nome da nosa enquisada non era Beatriz, senón Begoña. Un lapso froito dunha mala comunicación cos membros do grupo de traballo.

2)      Begoña non é a xefa de prensa do PP de Galicia, senón unha traballadora do seu gabinete de comunicación. Esta confusión ten unha rápida explicación: a tarde na que chamamos, fixémolo preguntando pol@ xefe de prensa do partido e, tras unha contestación afirmativa, escoitamos de seguido a voz de Begoña, polo que interpretamos –mal feito- que se trataba dela. Con todo, direi que antes de publicar o comentario tratei de rastreala en google para comprobar se efectivamente era a xefa de prensa, pero vista a falta de éxito na pesquisa, adxudiqueille unha ocupación que non lle correspondía.

3)      Non lle pedimos o consentimento para publicar as súas respostas ó cuestionario, posto que entendemos que non era un tema comprometedor. Nun principio non tiñamos pensado divulgalo, entregariamosllo ó profesor como material anexo e non trascendería de aquí mais, finalmente, decidimos compartilo en Común e Persoal  por unha limitación de espazo á hora de presentar o proxecto. Ademais, pensamos que sería interesante que os lectores puidesen analizala e dar a súa opinión, xa que as respostas eran interesantes e máis grupos de traballo fixeran o mesmo cos seus enquisados.

Polo tanto, transmitirlle as miñas desculpas a Begoña, asegurarlle que este erro non se volverá cometer e recoñecer que dunha sentada transgredín o abc do xornalismo: información sen contrastar, testemuños rebelados sen coñecemento do entrevistado e, consecuentemente, unha perda de confianza da que aquí escribe. Dos erros tamén se aprende.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Posted on 25 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. Dos erros é de onde máis se aprende.
    Erro como por exemplo o de poñerlle un punto ao titular. Si o profesor Villamor vira iso…
    Ogallá máis xornais e xornalistas fixeron uso da fé de erros de vez en cando. Que foi o que pasou neste caso?

  2. E co de que foi o que pasou refírome a si ela se molestou pola publicación? queixouse? tuvestes que despublicalo ou modificalo? ou que? Non quero dar a entender que non lin o post vamos XD

  3. O do punto, señor Rivera, foi buscado. Xa de postos a pisar as normas, polo menos facelo con boa intención. Un punto e final, unhas desculpas coas que pretendo que finalicen as molestias ocasionadas.

    Evidentemente, ó non contar co consentimento previo dela para publicalo, o normal é que esta entrevista desapareza. Non pensedes que é pola polémca que podería espertar, xa que é un cuestionario orientado ó noso traballo do TS: a comunicación política a través das redes sociais.

  4. Beatriz Yáñez Castro

    Faime gracia que te lle pidas desculpas chamándolle de novo “Beatriz”, eu se fora ela…acabaríame por cabrear.

  5. Beatriz Yáñez Castro

    Digoo en broma, sería un pequeno lapsus que terías ao escribir.

  6. Emma este post rectificando honrate como estudante e como persoa. Xa se sabe que a calquera lle pode pasar o que che pasou a tí, de feito en min non sería raro XD. Esto pasa ata nas mellores familias, espero que ninguén te culpe polo que pasou. Saúdos.

  7. Daisy Montes Mariano

    Emma, tu post es genial; una gran lección para todos. Ojalá se rectificara con tanta diligencia y humildad en los medios.

  8. De perdidos ó río. Pero…dúas chapuzadas¡¡¡ non sei se é mala sorte, nervos ou unha empanada de xoubas entre as orellas que, finalmente, cortoulle a dixestión. Espero que as desculpas tamén foran por teléfone e lle evitaran ler a rectificación do blogue á probe Begoña… que non creo.
    Santocristodelavitoria…. que desfeita de reconquista.
    Martínez Hermida CIC

  9. Ánimo veña, e, por favor, non enmende máis.
    Martínez Hermida CIC

  10. María Karla Barca Marrero

    TOUCHÉ.

  11. Gabinete de prensa do PPdeG

    Felicidades pola actitude ante o desliz
    e toda a sorte do mundo no voso camiño. Aquí estamos para o que precisedes

  12. Begoña Abeijón

    As desculpas están aceptadas Enma. Todos nos equivocamos algunha vez e o que non cometese erros nunca que tire a primeira pedra. O positivo é que deles sempre se aprende e creo que ti hoxe demostráchelo rectificando con humildade. Deséxoche a mellor das sortes e non dubidedes en volver a poñervos en contacto con nós cando o necesitedes. Un afectuoso saúdo,
    Begoña Abeijón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: