Ummm rico, rico!

Estes días veume á cabeza o programa de Onda Cero, Julia en la onda do pasado cinco de abril no que, entre outras cousas, trataron o tema da gastronomía. No estudo contaron con Fina Frontado, unha magnífica arquitecta que emprega os seus coñecementos nesta área para facer espectaculares pasteis que podedes descubrir a través da web http://lospastelesfinosdefinita.com/home.html.

Tamén o asiduo colaborador do programa, José Luis Ibáñez Ridao, achegounos a importancia da gastronomía a través da literatura como a obra Diccionario de cocina de Alejandro Dumas, no que define de forma moi divertida varios alimentos ou o Manual práctico de cocina negra y criminal de Montse Clavé no que se recollen varios dos pratos que toman detectives como Pepe Carvalho ou Sherlock Holmes, onde a carne e os potaxes cobran protagonismo. Outras das novelas que citaron foi Agua de chocolate de Laura Escribel, que tivo un grande éxito na década dos oitenta e noventa, nel descríbese os sentimentos que desperta a comida, o gusto pola gastronomía. La insólita amargura del pastel de limón, foi o libro que me acabou de conquistar, este relata o drama dunha familia que se vai desestructurando que se ilustra a través das comidas que preparan os seus membros como cando a súa protanista, Rous, descobre que a súa mamá non é féliz polo sabor da torta de limón que cociñou, de ái o título da novela.

E vós que opinades, a gastronomía cos seus sabores, texturas, cores permítenos establecer un fío de comunicación?

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3 a1

Posted on 25 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Cristina,
    e non será Como agua para chocolate de Laura Esquivel? Un saúdo. Martçinez Hermida CIC

  2. E certamente… a cociña, coma arte efémera, provoca non pouca comunicación o seu redor. Tamén co seu sabor. Xa suxerin nas aulas a lectura de Habitar, Cocinar de Michel De Certeau, para comprender o importante da cociña e da comida como forma de comunicación. Agora aconsello outro libro, dos primeiros da arte da “gastronomía” que é Fisiología del gusto de Jean Anthelme Brillat-Savarin ou ben, máis popular, toda a serie negra protagonizada polo detective Carvalho, do grande xornalista barceloní Manuel Vázquez Montalbán.
    Un saúdo
    Martínez Hermida CIC

    • Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

      sí, e ben certo que me trabuquei no título e autora da obra, as miñas disculpas. votareille unha ollada aos libros que me propón e como é iso de disfrutar da gastronomía e dos seus sabores a través das palabras. grazas polo seu comentario.

      • Un pracer. Téñome por un bon comensal e agradecido consumidor daquilo que se fragua nos fogóns da literatura gastronómica e, por suposto, daquilo que se serve nas mesas do mundo. Houbo un tempo no que disfrutei escribindo sobre dilo. Un saúdo cordial.

  3. Daisy Montes Mariano

    “Como agua para chocolate” es un gran libro que recomiendo a tod@s! Por cada capítulo una receta; los platos como expresión de estados de ánimo, del alma… que provocará distintos efectos en quien los consume. Hace mucho tiempo de su lectura, pero a día de hoy sigo guardando un gran sabor de boca de la misma. No vi la versión cinematográfica, pero sí la película francesa Chocolat, que viene muy al caso y que también os recomiendo. “El almuerzo es un ámbito. Determina un territorio especial, unas claves de comunicación, un tiempo entre dos tiempos.” Montalbán introduce de esta forma “Mis almuerzos con gente inquietante”, un conjunto de entrevistas a personajes tan variados y tan representativos de una época como fueron Fraga, Tarancón, el duque de Alba o el periodista Jesús Quintero y en el que la comida es el marco en el que se desarrollan. Montalbán era muy grande, un referente en la profesión periodística y de la novela negra (fijaos si es así que un autor italiano, como homenaje al periodista catalán, puso de nombre al comisario protagonista de sus escritos, Salvo Montalbano.)

    • Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

      grazas polo teu comentario. Debo decir que ata este momento non me decatara do gran impacto da gastronomía na literatura. Sen dúbida, “Como agua para chocolate” será a próxima lectura que me animarei a facer 🙂

    • El autor italiano al que se refiere Daisy es Andrea Camilleri y el personaje es Savio Montalbano. Procuro tener la colección completa. La serie italiana de televisión sobre este comisario de Vigatá (en mi bella Sicilia) es una patada en el paladar. Vigátá no existe, realmente las referencias indican que se pudiera tratar de Porto Empedocle, que es el lugar de nacimiento de Camilleri. Porto Empedocle queda cerca de Agrigento, o a mí me lo parece revisando uno de mis itinerarios de viaje más queridos, lugar donde subsisten los más espléndidos y completos templos griegos del Mediterráneo. Aprovechando la disquisición para ilustrarles.
      Un saludo.
      Martínez Hermida CIC

  4. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    moitas grazas pola súa información, así da gusto adentrase na “literatura gastronómica”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: