Daily Archives: 26 Abril, 2012

“Entrevista ao grupo en transición Calidade Do Ceo”

Calidade Do Ceo é un grupo en transición dentro de USC en Transición e xa temos falado algunha vez del nalgún dos post do noso grupo de traballo TS pero desta volta, no canto de falar (ou neste caso escribir)  nós, decidimos que era mellor que fosen eles os que nos explicasen como xurdiu o grupo, que actividades realizan e que pretenden con elas. Na actualidade, o grupo está formado por Víctor Tilve, Lucía Giralde e Cristina Rivas, todos eles estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Falamos coas dúas últimas e en pouco máis de oito minutos contáronnos boa parte da historia do grupo e das súas actividades, tanto as que están a levar a cabo na actualidade como das que teñen previsto realizar no futuro. O resultado da entrevista, que forma parte das nosas actividades de TS, podédelo escoitar picando na seguinte ligazón:

Entrevista con Calidade Do Ceo

España Faqué, S2F, 2A4

ProT: Xa vai sendo hora de ir para casa

Fai agora dous meses que o grupo deciciu comezar este pequeno-gran proxecto. Cando escollemos colaborar cunha asociación, intentamos buscar unha na que o noso traballo tivera un resultado palpable e , de paso, mellorar a condición das persoas as que axudabamos.

Tras moito pensar, e dado que o día que comezamos o noso proxeto era o día do cancro infatil, decidimos colaborar con Juegaterapia; mais, que é Juegaterapia? Juegaterapia é unha asociación que se adica a faer recolecións de consolas, videoxogos e todo tipo de aparellos electrónicos ,que serán entregados despois en hospitais onde ofrezan servizos de quimioterapia infantil. Esta organización ten o seu núcleo en Madrid dende o que se xestiona diferentes departamentos, nos que traballan unha ou dúas persoas. Os departamentos están en contacto con diferentes núcleos de colaboradores que traballan de forma autónoma e desinteresada nos puntos onde se realizan estas recollidas. No núcleo central a comunicación efectuada é de persoa a persoa, e crean grupos de infuenza, sendo esta comunicación o elemento central no proxecto. A comunicación interna da asociación realizase por telefono ou por email, e a externa,por exemplo a da asociación con nós realizabase a través de teléfono , web…  Con todo isto Juegaterapia busca converterse nunnha organización de refencia a nivel estatal. A asociación produce campañas publicitarias na televisión para darse a coñecer e para permitir unha maior inmersión da actividade que realiza e buscar unha percepción diferente a que estamos acostumados. Personalmente, creemos que o pretenden cambiar é a imaxe dos nenos con cancro, que en moitas ocasións, olvidasenos que son nenos, e que necesitan xgar.

A organización esta dirixida para xente con un nivel económico medio-alto, xa que o produto físico que piden non está ao alcance de todas as persoas.

A asociación mostra unha realidade moi “descafeinado”. Por exemplo, as imaxes dos rapaces que empregan na súa páxina web  son imaxes de felicidade, non se aprecia un mal rostro, nin un color de pel chamativo. O único polo que sabemos que estes rapaces están a sufrir un canco e pola ausencia de pelo.

Tras o noso paso pola asociación, podemos dicir que Juegaterapia ten unha grande dimensión política organizativa, xa que a súa estrutura especializada fai que exista unha persoa responsable de cada departamento, convertindo, a esta persoa nun punto indispensable na evolución da recollida. Por exemplo, nós, tivemos que colaborar coa responsable da recollida en Universidades, Ana Contreras. O principal problema foi que, como comentamos anteriormente, a responsabilidade do noso proxeto recae única e exclusivamente sobre unha persoa, que, neste caso rompeu as rutinas comunicativas que tiñamos establecidas durante máis de 3 días.

Os principais problemas de inmersión que tivemos con Juegaterapia durante a preproducción, a propia producción e a recollida baseouse nos problemas comunicativos coa responsable da recollida nas universidades.

Comezamos este proxecto con moita ilusión , e con ganas de que a xente colaborara, de feito, chegamos a pensar que a xente ía colaborar en grande medida, pero a realidade foi que, a hora de participar demonos conta de que o éxito non ía ser tan rotundo como parecía. Consideramos que o problema que tivemos foi que non fumos quén de transimitir aos nosos compañeiros e colaboradores  a finalidade do proxecto.

A dinámica do traballo baseouse, nun primeiro momento, no estudo de casos de recollidadas realizadas anteriormente, para facernos unha idea de cómo se artella unha campaña. Intentamos negociar varios puntos de recollida, coa organización e coa USC, para que nos facilitaran o material e o lugar.

Con todo, estamos satisfeitos co traballo realizado pois, aínda que dende un punto de vista algo crítico entendimos como funcionaba a organización e á vez axudamos a mellorar algo a situación dalgúns nenos con cancro. Ou mellor dito deses nenos que conviven con el nas horas de espera cando xa comezan o seu proceso cara a curación.

Así e todo, gracias gracísimas por axudarnos e participar neste proxecto. Esperamos vervos pronto noutra liada similar 😉

Juegaterapia, 1B3

Todo o bo remata…

Despois de máis de dous meses de investigación é preciso sentar as conclusións do noso traballo TS sobre a desgaleguización na familia:

-A desgaleguización interxeracional, que consiste en non transmitir o galego dunhas xeracións ás seguintes, fíxolle moito dano ó galego ó longo de todo o século XX.

-A desgaleguización intraxeracional, que consiste no cambio lingüístico ó longo da vida das persoas motivado por un cambio social e de residencia, estivo potenciada pola emigración e o éxodo rural. Despois de rematar este traballo podemos dicir que a migración á cidade e ós países castelanfalantes foi o proceso desgaleguizador máis importante superior incluso á escola e á Igrexa.

-A Igrexa xogou un papel importante na desgaleguización pero sobre todo a partir da xerarquía eclesiástica que era castelanfalante. Nos pobos non podemos saber con seguridade en que idioma se relacionaban os curas cos veciños pero si debemos ter en conta que o clero rural acostumaba ser de orixe galega e con baixo nivel de instrución.

-A escola tamén tivo un papel decisivo na desgaleguización xa que durante o franquismo non se podía estudar nin falar o galego nas aulas mais, con todo, a lingua do patio, a que falaban os rapaces, era o galego. Na actualidade isto mudou. Agora estudamos o galego na escola mais, en moitos lugares, a lingua do patio é o castelán e esta é a que máis inflúe sobre os rapaces.

-Na actualidade séguese a xulgar á xente pola lingua que fala pero tamén pola variedade lingüística e o acento: os estereotipos forman parte da economía cognitiva.

-O galego precisa dunha reacción social enérxica e as escolas deben potenciar máis o uso do galego oral.

Cruz Portela, S1C