“ProT: aCentral Folque a exame”

A asociación aCentral Folque responde a unha organización mixta: cada membro do grupo de persoal ten un cargo asignado, aínda así as súas funcións non quedan delimitadas estritamente senón que todos colaboran con todos e ningún posto é, en realidade, superior a outro.

A simple vista, os traballadores de aCentral Folque son adultos, de entre 25 e 40 anos aproximadamente, con formación, dinámicos e con outra ocupación a parte do seu cargo na asociación.

É unha asociación que se move en pequenos círculos, en grupos sociais alternativos. O tipo de persoas ó que intentan achegarse responde ó seu mesmo perfil. Aínda así, non impón restricións en canto aos usuarios pero tampouco se esforza por achegarse a un público diferente. O seu público non é amplo, pero é fiel e estable.

Con respecto á súa rede de actuación, traballan dende Santiago de Compostela (territorio) con varios concellos e deputacións galegas, con outras asociacións e institucións coma o Centro Galego de Música Popular, e incluso realizan colaboracións internacionais puntuais para algúns eventos concretos. As súas actividades, grazas ás que conseguen financiación, desenvólvense en espazos culturais e didácticos: aulas, salas de concerto, etc.

Co seu discurso comunicativo pretenden difundir e arraigar na sociedade a música folk galega e os instrumentos tradicionais. Para iso, empregan un discurso sinxelo, accesible, que faga visible a compatibilidade entre a tradición e a modernidade e, sobre todo, que conciencie coa tradición. Cómpre resaltar que nas súas esporádicas reunións todo se debate e se consensúa cos demais.

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Posted on 27 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Óscar Vallo Mirás

    El fin de esta asociación me parece indispensable para la supervivencia de la música folk gallega. Sin ellas, toda la cultura caería en el olvido. De todas formas, veo arriesgado que se centren en circulos pequeños, ya que corren el riesgo de que estos desaparezcan. Deberían de expandirse más dentro de sus posibilidades.

    • María Pérez Capelo

      Ao contrario, expandirse sería máis arriscado pois implicaría descoidar a xente xa interesada polo folk, o público estable e fiel. Ademais, por moitos e benintencionados esforzos que faga, unha asociación é imposible que atope o seu sitio entre tanto lixo musical como hai por aí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: