Prot: Analizando a O Ensanche

Gracias á análise do traballo e do centro no que desenvolvemos o noso traballo ao longo do cuadrimestre chegamos ás seguintes conclusións que podemos extrapolar ao conxunto de centros socioculturais: Atopamos que o perfil de persoa que adoita traballar en centros sociais é o dunha persoa de 30-50 anos, con estudios, polifacética e dinámica.Por outra banda non existe un perfil claro dos usuarios que acoden a estas asociación, posto que atopamos todo tipo de persoas independentemente da condición etaria, do xénero ou da clase.

En canto á rede, o centro opera dentro do concello de Santiago de Compostela (territorio), concretamente no Ensanche (espazo) e forma parte de rede de centros socioculturais do concello. Aínda que tamén traballa en asociación con centros independentes do concello.

O obxectivo da comunicación que leva a cabo o centro e para dar a coñecer as súas actividades e captar público para que participe nelas. Promover o achegamento da cultura aos usuarios: conferencias, ciclos de cine, de informática… ofrecendo a posibilidade de propoñer e acercar actividades culturais e didácticas para amenizar a vida dos veciños A organización interna comunícase a través do correo electrónico, de conversas telefónicas ou de boca a boca. A externa utiliza panfletos, carteis ou a través da páxina web, sobre a que nós fixemos o noso traballo.

O feito de que os centros socioculturares dependan directamente dunha institución pública, garantízalles unha gran cantidade de recursos tecnolóxicos, necesario para o seu desenvolvemento a longo plazo, o su mantemento e integración na comunidade. O centro conta cun local públco que conta cunha serie de comodidades como: rede wifi, sala de ordenadores, biblioteca, páxina web…

Como dixemos o centro depende do concello polo que ten solvencia económica. A súa riqueza neste caso mídese na capacidade que ten esta comunidade en satisfacer as necesidades culturais e cumplir o obxectivo de divulgación da propia cultura. Esta organización dispón dunha influencia política infinita, xa que en si mesma é unha organización política financiada e promovida por un concello. O propio concello asigna un coordinador xefe en cada centro sociocultural, configurando así unha rede de competencia xerarquizada. Cada coordinador xefe é responsable do funcionamento e das actividades que se realizan no seu centro, polo que o papel do concello redúcese á financiación e ao control dun uso correcto.

En relación co anterior, a forma de facer públicos os comunicados dos centros e de relacionarse cos usuarios vai estar en consonancia coa súa condición de institución pública. Os usuarios saben que disfrutan dunhas comodidades proporcionadas por fondos públicos e os seus responsables e traballadores son conscientes de que a súa actitude cara o público debe corresponderse coa propia de alguén que representa un organismo estatal. Ao tratarse dun centro local, no Ensanche, o trato coa xente é moi próximo, polo que a dimensión institucional queda relegada ás acciones burocráticas.

Por último, vamos a comentar la dimensión ideolóxica no noso centro. A pesar de la heteroxeneidade de ideas e persoas que traballan ou visitan diariamente o local, a comunidade mantén e comparte os mesmos valores, educación e respecto cara os demais e cara o material do lugar. Como vimos comentando ao longo de todo o cuadrimestre, o noso traballo no centro foi sobre a páxina web. Porén, debido á dificultade da propia páxina e ao carácter público do centro, estábamos suxeitos a unha serie de normas que non podíamos modificar. Para iso, mantivemos varias reunións tanto co informático do concello, como coa coordinadora do Ensanche, para marcar xuntos unha serie de pautas. Estas reunións foron marcadas por todos nós, tanto a súa parte, como pola nosa, adaptándoas o mellor posible ás responsabilidades de cada un.

O noso interese para traballar sobre a páxina web, viña dado en que a consideramos unha ferramenta de comunicación externa básica e que, debido á dificultade, á falta de formación e de tempo dalgúns encargados, estaba sendo relegada a un segundo plano, sen aproveitar todas as oportunidades que oferta. O interese foi mutuo, tanto para nós, encargados de redactar un manual de estilo e uso da páxina, como para o centro, ou rede de centros do concello, que conta agora cun manual de utilización da web.

Millos Castro, S2C,  3A3

Posted on 27 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: