“ProT: Post final: Escola Infantil Snoopy”

Para rematar o noso traballo acerca da comunicación entre os máis pequenos centrada na escola infantil Snoopy, sita en Santiago de Compostela, dispoñémonos a dar algunha que outra clave para coñecer máis internamente a asociación. A primeira premisa da que partimos é que se trata dunha empresa privada.

A forma de organización da escola é en teoría vertical, posto que unha directora coordina as actividades e dous mestres realizan a súa labor como tales. Pero na práctica, e polo que nós puidemos comprobar durante o mes que estivemos traballando alí, podemos concluír que internamente trátase dunha organización de empresa horizontal, posto que salvo temas de matrículas, que os leva a directora, os tres membros que coordinan a escola o fan de maneira igualitaria.

O territorio que abarca a asociación é o barrio de García Prieto e arredores, e a súa cobertura é local, posto que non recolle máis dun pequeno sector de Santiago de Compostela. As redes que utiliza a asociación baséanse nunha comunicación vía web, posto que a escola conta cunha páxina web propia e sobre todo nunha comunicación boca a boca, na que os pais dos nenos que acoden a recomendan a outros pais.

O obxectivo do centro de especialización infantil é en todo momento formar activamente os nenos non só de forma teórica, que nalgúns casos non é efectivo. Queren que os nenos ao seu ritmo logren aprender a relacionarse co seu medio sen presións. A pesar da existencia de libros de texto, nesta escola infantil o que utilizan como método de aprendizaxe é unha serie de xogos e actividades que poidan resultar máis atractivas aos cativos, logrando así unha aprendizaxe correcta. Algo que nos chamou a atención é que nenos das mesmas idades podían ter diferenzas substanciais en canto á aprendizaxe. Irene, a directora, explicounos que era totalmente normal. Cada neno posúe unhas capacidades de aprendizaxe diferentes, polo tanto, o que a un neno lle pode custar aprender unha cousa dous días, a outro das mesmas idades pode ser que lle custe o dobre.

Tampouco podemos adentrarnos demasiado nos seus métodos posto que por incompatibilidade de horarios non puidemos acudir as veces que nos gustaría na sesión de mañá, que é cando realmente realizan as labores de asimilación e aprendizaxe. A pesar disto, como nos explicaron os mestres, polas tardes, na sesión gardería, poden aprender o mesmo ou máis que na sesión mañá. A través de xogos e actividades tanto dentro como ao aire libre, fan que os pequenos teñan unha maior capacidade de asimilación de conceptos e de relacionalos cos obxectos, sentimentos ou cousas que representan.

A escola infantil Snoopy basea as súas actividades nunha premisa fundamental: formar aos nenos de cara á seguinte etapa da súa vida. A súa labor está encamiñada a conseguir que os pequenos aprendan, sobre todo, a socializar entre si e co resto de persoas do seu entorno e a desenvolver a comunicación. O obxectivo é tamén preparalos para afrontar a fase escolar cunha serie de coñecementos básicos.

Para isto, a escola segue un réxime pedagóxico baseado nunha ensinanza sen presión, adaptada ao ritmo de aprendizaxe propio de cada neno. Os profesores non pretenden que os nenos aprendan algo de forma mecánica, seguindo un método ríxido, senón todo o contrario. Como ben nos explicaba a directora, non por insistir máis nun concepto o van asimilar mellor. De aí que se inclinen por un método non opresivo.

O ritmo de aprendizaxe é quizais un dos aspectos fundamentais da ensinanza. Entre os país adoita existir unha certa tendencia a preocuparse se o seu fillo non sabe facer algo que outro neno da súa mesma idade si é capaz de facer. Sen embargo hai que ter moi presente que cada neno é un mundo e non todos adquiren coñecementos ao mesmo ritmo. De aí a que os métodos de ensinanza da escola sexan flexibles e se adapten a cada cativo.

Á hora de ensinar aos nenos a comunicarse, non existen libros que guíen a aprendizaxe, non hai manuais de alfabetización nin nada parecido. Ben é certo que si hai caderniños de actividades que orientan aos máis pequenos á hora de asimilar conceptos. Este é un dos métodos de ensinanza que pon en práctica a xente de Snoopy, segundo nos contou Irene. Pero calquera xogo ou actividade serve para inculcarlle aos nenos os valores e os coñecementos que deben aprender.

Ademais das clases impartidas nas xornadas matutinas, polas tardes tamén continúan realizando tarefas de ensinanza aínda que seguen un prantexamento diferente, como comentamos anteriormente. Os profesores da escola manteñen a idea de que calquera momento é bo para ensinarlle a un neno algo novo. E desta maneira, ao xogar, os nenos son máis receptivos e asimilan doutra maneira os conceptos que se lle queren inculcar.

Por último, hai que mencionar que outra das labores de Snoopy consiste en habituar aos cativos ás rutinas que terán en canto empecen a acudir ao colexio. Por esta razón, as clases sempre seguen horario fixo, que inclúe as diferentes actividades didácticas, os horarios de comidas e tamén os momentos de descanso e aseo, aínda que estes últimos dependen das necesidades propias de cada neno.

Dapía Freitas, Díaz Leal, Domínguez Piñeiro, Fernández Suárez. Grupo 2A1

Posted on 27 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Persoalmente gustoume moito como se organizan na escola pero sobre todo os métodos educativos xa que eu tampoco creo que a teoría sexa a mellor forma de aprendizaxe nestas etapas da vida. Un destes xogos educativos que me chamou a atención foi o de facerlles aos nenos introducir as mans en dous recipientes distintos. Un deles tiña auga quente e o outro fría e eles tiñan que decir como estaba a auga en cada un destes recipientes. Deste xeito tamén se lles estimulan os sentidos aos pequenos. É unha magoa rematar pero foi unha boa experiencia.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Si, quizais esa foi a actividade que mais me chamou a atencion a min tamen. Igual é porque a fixeron en horario matutino, é dicir, en horario de clase semellante a un colexio, e ao mellor non valoramos tanto as que se realizan pola tarde, máis de recreo, ainda que sexan igual de factibles para a aprendizaxe dos pequerrechos.

  2. Óscar Vallo Mirás

    Interesante asociación, de todas formas creo que es un poco lioso el echo de que personalicen la enseñanza a cada niño. Deberían de llevar un orden lógico o limitarse a enseñar cosas básicas que son necesarias para los niños.
    Esto podría llevarse a cabo, me refiero a la enseñanza personalizada si fueran pocos niños, pero desconozco ese dato.

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    Sen dúbida eu penso que tódalas escolas infantís deberían funcionar coma esta (e non o digo porque nós traballaramos con ela). Os seus métodos son xeniais e o avance na aprendizaxe dos nenos é abrumador. No pouco tempo que nós pasamos alí ben o puidemos observar. Sen dúbida o ensino máis práctico é o que mellor lle vai ós nenos desas idades.
    A pesares da pouca ilusión que me facía nun principio traballar con nenos, estou contenta do que aprendín. Por fin unha escola infantil que funciona como ten que funcionar 🙂

  4. Óscar Martínez

    A formación penso que é básica. Entendo que aquí houbo unha sinerxía, unha simbiose. Vos aprendíchedes deles a dificultade dos cativos e eles de vos a comunicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: