De herdanza unha bombilla?

Image

Edison nunca chegaría a imaxinar  os  avatares que ía vivir o seu gran invento: a bombilla.  Nin o caro que sería  a luz  que esta nos proporciona, que por certo  subirá un 30% nos próximos anos. Sobrados de problemas e faltos de solucións,o noso dorido peto necesita dun respiro; algo ao que aferrarse. Por sorte existe unha solución, que pode axudarnos a aforrar algo máis. Unha bombilla  patentada por Benito Muros xunto a un grupo de enxeñeiros internacionais; que ten unha duración de por vida cun aforro do 75%.

http://www.oepelectrics.com/bomillas-led.html

Que isto non saíra á luz antes,ven dado por  un problema de base: o consumismo. Resultado da chamada obsolescencia programada, que consiste nunha serie de accións que fai que produtos inicialmente moi duradeiros, finalicen a súa vida útil nun corto período de tempo para favorecer a compra e o consumo de novos produtos.  Así , ocorreu coas bombillas,  de cir a día de hoxe conservase unha que leva máis de130 anos acesa, e que mellor herdanza que iso!.Tamén ocorreu algo semellante coas medias, xa que  as primeiras eran irrompíbeis, servían incluso para enganchar dous coches.. pero isto,claro está non  era rendible. De todos estes aspectos falan no documental que vin esta semana ,  deixo aquí o enlace. A verdade que está moi ben para reflexionar ata qué punto  estamos en mans de boas e competentes tecnoloxías ou non.

http://www.rtve.es/noticias/20110104/productos-consumo-duran-cada-vez-menos/392498.shtml

Álvarez Gromaz S1F, 1A3

Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Este artigo recórdame un exemplo que nos comentara unha profesora miña de Economía. Os secadores de pelo antigos funcionaban moi moi ben, pero xerábanlle perdas ás tendas de electrodomésticos. Por iso as casas comezaron a fabricar secadores defectuosos para que a xente comprara mais. Este tipo de abuso xerou a entrada das garantías, que serven para previr este abuso. Se se quere aforrar, tranquilos todos que xa o impiden os señores comerciantes, todo ten truco amigos meus.

  2. Efectivamente iso é do que falo, secadores, lavadoras,medias bombillas. O mundopodería funcionar doutro xeito!. Porque temos que tolerar que o consumismo sexa a roda que no move a todos neste mundo de dsepilfarro, intereses e corrupción?. Ben é cert oque non se pode soster ao mellor unha enconomía e productos moi lonxevos na súa totalidade pero nalgúns caso si que serían necesarios para unha mellor calidade de vida; o exemplo máis claro o das bombillas. Coa que está a caer non nos podemos permitir por caprichito de catro mentes lúcidas ter productos que se estropeen antes adrede. Isto é impesable. Porque imnos a ter unah bombilla que consume moito e se estropea ou se funde en dous anos ssi existe unha que consume o 75% menso e dura uns 25 anos..?!.

    A obsolescencia programada é un máis dos moitos problemas que afectan a este mundo do consumo incontrolado e dos beneficios a costa da saúde e do bienestar dos demais.

  3. seminariocomunicacion1

    O teu post, igual que a Mateo, tamén me recorda ás clases de economía do bacharelato cando estudabamos os produtos e o marketing. Ó principio, os produtos vendíanse pola súa calidade: un produto bo tiña aseguradas as vendas. Mais coa chegada da sociedade de masas e do consumismo xa non era imprescindible que un produto fora bo para que se vendese senón que o importante era a publicidade que se lle dera. Un produto bo sen publicidade está condenado á morte e un produto un pouco peor pero ben publicitado pódese vender ben. Agora, nestes tempos de crise, todos miramos un pouco máis o peto e intentamos buscar calidade e precio. O problema é que a meirande parte das empresas funcionan coma ti dis, Lucía, e é dificil atopar algunha que faga as cousas ben porque, como dicía Mateo, tería perdas.

    Cruz Portela, Soraya, S1C, 2A3

  4. María Pérez Capelo

    Teño entendido que Benito Muros e incluso a súa familia foran ameazados de morte. Quizais só sexa unha estratexia publicitaria, non sei.
    O consumismo non pode permitirse o luxo de que os productos duren tanto tempo, o sistema necesita renovación continua porque así disque se crean postos de traballo e tal… Pero, se creas un produto que dura moito tempo non florecerán os negocios de reparación? En fin, a roda ten que xirar…

  5. Aí está o problema querida Soraya, no conformismo que temos. Este é un problema que nos castiga en todoslos aspectos da vida tanto na política como na economía; deixamos que os peixes gordos sexan quenes movan os fíos, as súas anchas.Pero podemos actuar.Temos estas bombillas á venda no enlace que facilitei no post,e a verdade é que hai que comenzar por algo.
    Como ben dis María, esta xente está ameazada de morte tanto o propio Benito como a súa familia. Esta é a ferocidade da avaricia que move os mercados.
    Na época das alemaña dividida a parte comunista tiña neveiras que duraban ate 25 anos!.A pesar disto tamén quero dicir que as cousas sempre teñen que moverse na súa xusta medida, como dis ti María o sector dos reparadodres veríase beneficiado pero iso non compensa.
    Simplemente o que digo é que hai certas cousas ou aparellos que non teñen que ser asasinados tan rápido. As bombillas neste caso son un de tantos exemplos.
    Se queremos que isto mude teremos que empezar por cambiar a nosa mentaldiade adecuada a este “reciclaxe imposto pola lei do comercio e consummo de masas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: