Love is in the air

Creo que a ninguén lle pasou desapercibido a avalancha de artigos sobre amor e sexo que os medios están publicando na actualidade. Parece ser que se volveu un tema atractivo, por dúas razóns. Unha, a máis cómoda, sería a de considerar a este como unha moda intencionada desde as editoriais en busca de temas que interesen a un máximo de lectores, buscando o que se chama o efecto bola de neve.

Habería unha segunda vía, menos cómoda pero máis interesante, que sería preguntarse cales son as razóns de dita moda, ou mellor dito, as razóns polas que o que puido ser unha estratexia de reclamo para atraer ao maior número de compradores, conseguiu cumprir o seu obxectivo.

Plantexar ditas razóns lévanos a preguntarnos que demo está pasando hoxe en día co amor que fai que os libros mostren tanto interese sobre el.

A esta tarefa aplícase o novo libro de Richard David Precht, “Amor. Un sentimento desordeado”. Nesta obra o autor adentrase en diferentes territorios para introducir un pouco de “orde” no que os protagonistas da experiencia amorosa califican de acontecemento cego, caótico e sensentido.

Para rematar, unha frase do filósofo Umberto Galimberti que recolle Precht no seu libro: “No es tu media naranja, es tu exprimidor”. ¿De verdade usamos o amor para chegar á autorrealización tan perseguida polos seres humanos?

Dapía Freitas, S1B, 2 A1

Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Bastante esclarecedora esa frase: “No es tu media naranja, es tu exprimidor”. Para mi el amor no es más que un capricho de quien se siente solo. Si estás enamorado, te atontas, no ves la realidad, si te dejan pasas semanas y semanas sufriendo y cuando estás con alguien te conviertes en un pánfilo de cuidado (o así veo yo a la mayoría de la gente) Es demasiado raro para que sea bueno. Yo solo digo, que viva la soltería.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Estou de acordo contigo niso de que unha persoa enamorada se atonta e non ve a realidade tal e como debería, pero eu non chegaría a chamarlle capricho. Eu creo que os meus avós, que levan case 50 anos xuntos, sigan casados hoxe porque no seu día tiveran un capricho.

  2. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Estoy medio de acuerdo con Mateo. Pero sólo medio.
    No me parece un capricho, por lo general, el hecho de estar con una persona. Y digo “en general” porque hay casos en los que sí puede ser este el motivo. Creo que todos debemos conocernos bien y ser conscientes de quiénes y qué somos como seres individuales. El hecho de estar con una persona no puede cambiar nada de eso, o no debería, mejor dicho. Pero estar con otra persona puede aportarte muchas cosas, y si te gustaría compartir con ella tu día a día, ¿por qué no? Lo que no entiendo es que se nos vaya la vida en ello, que pongamos lo que somos en sus manos y que dejemos de ver la realidad tal cual es. Pero eso también va en cada uno, oye.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Coincido máis coa túa opinión, Arantxa. Non só no que se refire ao feito de chamarlle “capricho” a estar ao lado doutra persoa, senón tamén en que vivir en parella non debería alterar as nosas capacidades como ser individual.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: