“ProT: chegamos ao fin con COGAMI”
Para o noso traballo de ProT encargámonos de traballar con COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) que pertence a COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica) xunto con outras asociacións a nivel autonómico. COGAMI conta a súa vez con centros en cada provincia galega ( A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) e en diferentes concellos das mesmas, polo tanto a rede de actuación sería a comunidade galega.
A asociación ten como fin chegar ás persoas con discapacidade, con independencia do seu xénero, idade ou posición económica. O discurso que leva a cabo COGAMI é un discurso sinxelo, cercano e accesible a calquera tipo de persoa, intentando transmitir a igualdade das persoas con discapacidade tanto a nivel laboral como en tódalas actividades da súa vida diaria. Tamén loita pola promoción dos dereitos das persoas con discapacidade e o apoio ao ámbito legal, psicolóxico, laboral e en resumo, conseguir unha sociedade integrada.
As dimensións que incorpora COGAMI son as seguintes:
- Dimensión Tecnolóxica:
A dimensión tecnolóxica da cultura é o seu capital, as súas ferramentas e coñecementos, e o seuxeito de relacionarse co entorno físico. Neste aspecto COGAMI conta con diversas ferramentas para chegar aos seus socios e á sociedade, en xeral. Entre elas está a súa páxina web, as notas de prensa que envía aos respectivos medios impresos para que inclúan as novas correspondentes da asociación e os diferentes proxectos que leva a cabo. Tamén ten perfís en facebook, twitter, google+, linkerin, youtube, ibox…
- Dimensión económica:
A comunidade de COGAMI ten na dimesión económica un dos piares fundamentais. A entidade sobrevive mediante axudas da Xunta de Galicia, aportacións individuais… Ademais a entidade busca traballo para os seus membros para que disfruten dunha independencia monetaria dos seus familiares.
- Dimensión política:
No organigrama queda reflexada a distribución de poder. Cada sección pode tomar unha serie de decisións relevantes no seu campo de actuación pero estas deben ser aprobadas pola Xunta Directiva e un consello común a todas as seccións, que teñen una visión mais global da asociación e poden pulir os detalles necesarios. O organigrama establece de forma vertical combinada coa horizontal ( os diferentes departamentos que configuran unha área). ORGANIGRAMA4
- Dimensión institucional-social:
A asociación ten un papel fundamental de apoio psicolóxico ós membros, esta ten persoal que axudan as relación familiares e de amizade. Así mesmo entre os membros da asociación tamén xorden relación, xa que pasan bastante tempo xuntos en actividades e poden apoiarse mutuamente e compartir sentimentos comúns.
- Dimensión ideolóxica e de crenzas:
Nesta ocasión decidimos comentar de forma conxunta a dimensión ideolóxica e de crenzas, xa que a asociación o que pretende é crear unha comunidade que parte dunha base conxunta de apoio, integración e promoción dos dereitos e deberes de calquera persoa que sofre algún tipo de discapacidade. Co cal este aspecto sería o que provocaría un sentimento de conxunto e de puntos en común.
Despois desta breve introducción do que é COGAMI, a que persoa social vai dirixido o seu discurso sinxelo e o que pretende conseguir con el, debemos facer referencia ao labor que nós desenvolvemos dentro da entidade. Colaboramos coa área de comunicación, orientadas por Cristina Pet, Fernando e María Acuña, na que participamos no coñecemento dos diferentes instrumentos que empregan para a súa comunicación externa e a incorporación de puntos de vista novos. Axudamos na elaboración dunha rolda de prensa, na escaleta do programa de radio “Sen Barreiras” para a súa emisión cada dúas ou tres semanas ou no diseño dunha nova estratexía de comunicación.
Mosteiro Reboredo, Mª Cristina
S2D, 3 a1
Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Cogami, Curso 2011-2012, ProT. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0