“ProT: Itinera, para sempre con nós”

Un mes e medio. Probablemente dous. Ese foi o tempo que compatimos cos usuarios de Itinera, unha Organización Non Lucrativa (ONL) que ten como finalidade axudar ás persoas con problemas de saúde mental. O primeiro día que chegamos alí recordamos que iamos con respeto, respeto ao descoñecido e tamén respeto ao traballo que alí estaban a realizar. Carlos Martínez, o coordinador da asociación, recibiunos con afecto e axudounos desde o primeiro día. Explicounos o funcionamento e as actividades que levaban a cabo. Cada día era unha aventura para os usuarios de Itinera.

Aínda que está dirixido a persoas con enfermidades mentais, cómpre destacar que a persoa “social” á que vai dirixida non é tan só estes usuarios (120), senón tamén de forma indirecta as familias destes, así como os voluntarios (40) e os profesionais que colaboran de forma altruista con ela (3).

No tocante á comunicación, a mensaxe que queren transmitir ao resto da sociedade é a de integración destas persoas no mundo que as rodean. Queren que os seus usuarios continúen a facer as mesmas (ou parecidas) actividades que realizaban antes do brote, xa que son xente con inquedanzas, emocións e con moitas ganas de seguir aprendendo. Saben difundir e inculcar este obxectivo a todas as persoas que teñen algo que ver coa asociación e, por extensión, tamén a toda a sociedade no seu conxunto. Cecais o único que faltaría aquí sería que participasen máis en actividades de difusión externa da organización para que todo o mundo comprendese esa mensaxe.

Como mencionabamos antes, o desenvolvemento das actividades de Itinera pareceunos idílico para o que pretenden acadar. Divídense en tres programas: programas de xestión, programas de acción voluntaria (onde se atopan todas as actividades que realizan usuarios e voluntarios xuntos) e programas de xestión. Nós, como grupo ProT, participamos nos programas de acción voluntaria, rehabilitando o cemiterio de Conxo, visionando películas no seu “Cineforum” particular e preparando debates dos principais temas de actualidade. Foi, sen dúbida, unha participación pola nosa parte moi activa e dinámica que nos brindou a posibilidade de coñecelos máis directamente, escoitalos e intentar comprender que pasa polas súas cabezas, aínda que iso non era sempre sinxelo.

Itinera, como asociación operaba nun territorio municipal, entendido como aquel espazo valorado simbolicamente polos grupos humanos e de carácter administrativo. Céntrandonos máis no concreto, o espazo no que se movían as actividades desta asociación era Santiago de Compostela (onde tiña a súa sé), o cemiterio de Conxo (espazo de contacto co medio ambiente) e tamén a localidade cercana de Vila de Cruces (onde os usuarios entraban en relación con animais de granxa e aprendían a desenvolverse nun espazo de maior liberdade). Aínda que como organización, Carlos Martínez mantiña que non era moi grande, tiñan unha rede moi interesante e desenvolvida:

 

Finalmente, no que se refire á organización de Itinera, cómpre comezar facendo unha distinción entre os recursos financieros dos que dispoñen e os recursos humanos. Dentro dos primeiros, o coordinador explicounos que intentan captar fondos de varios modos, tanto no eido público (con subvencións, exencións fiscais…) como no eido privado (aportación dos socios, contratos de patrocinio, donacións…). Eses fondos que conseguen son xestionados e diversificados mediante unha estratexia propia que lles permite aproveitalos da mellor forma posible. No tocante aos recursos humanos, Itinera está formada por:

  • Unha Xunta de Organización, que elixe ao coordinador xeral (Carlos Martínez).
  • Socios que aportan fondos propios.
  • 120 usuarios.
  • 3 profesionais (un traballador social, unha psicóloga e un educador social).
  • 40 voluntarios.

Nós, neste tempo que compartimos con Itinera, aprendimos a valorar o excepcional traballo que levan a cabo. Aprendimos a dar o mellor de nós mesmos para que eles o pasasen ben coa nosa presenza. Foi unha experiencia que nos encheu de satisfacción, por iso, o día 12 de maio, imos participar na I Xornada de Experiencias Asociativas en Saúde Mental, para continuar aprendendo dunhas persoas que nos acolleron na súa asociación da mellor forma posible. De parte de todo o grupo 4A2, moitísimas grazas.

Rodríguez-Volta Corrochano, Ruiz-Falcó Tejeda, Salgado Álvarez, Salgado Santos, 4A2

Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: