“ProT: PANXEA, outra forma de entender o consumo”

Tras meses de traballo coa cooperativa PANXEA, finalizamos a nosa colaboración oficial con eles. Por iso, para que teñades unha maior idea do traballo que realizamos, queremos deixarvos os resultados que expuñemos na última titoría. O primeiro, é saber qué é PANXEA. Trátase dunha cooperativa de consumidores e usuarios que surxiu en Santiago de Compostela no ano 1995. Nun primeiro momento naceu como unha asociación sen ánimo de lucro xa que a lexislación do momento non permitiu iscribila como cooperativa. Actualmente  está rexistrada coas dúas nomenclaturas á espera de inscribirse como unha cooperativa de xeito total. A súa actividade, a rasgos xerais, consiste en apoiar o comercio xusto e responsable e a cooperación cos países en vías de desenvolvemento.

Agora que sabedes que é PANXEA, imos analizar o seu plano operativo:

A persoa social ideal é aquela que apoia o comercio xusto e consume dun xeito responsable, non só no ámbito alimentario senón en tódalas facetas da súa vida. Tamén, o modelo de persoa social debe implicarse nas tarefas da cooperativa e participar activamente.

Os sesenta socios de PANXEA achéganse ao modelo ideal xa que, na súa maioría se reunen semanalmente, e realizan a súa compra na tenda; ademáis, de xeito habitual, están a organizar eventos para sensibilizar e promocionar o comercio xusto e a cooperación.

No que respecta á forma da organización é horizontal e asamblearia xa que é unha cooperativa na que cada socio conta cun voto. Tódalas semanas se reunen para tratar cuestións de organización interna e externa. Asimesmo, tamén realizan unha asamblea anual para analizar o funcionamento ao longo do ano e establecer previsións de futuro e crecemento.

pastedGraphic.pdf

Imos agora coa cadea conceptual:

  • Territorio: PANXEA é unha asociación que traballa a nivel local polo que está circunscrita ao ámbito de Santiago e a súa comarca.
  • Espazo: o seu espazo principal de traballo é o local situado na Rúa da Rosa onde se atopan a tenda e unha sala de reunións. Para os eventos abertos ao público, solicitan salas á Biblioteca Pública Ánxel Casal. O persoal tamén se despraza ata feiras, colexios ou institutos para realizar labores de sensibilización ou promoción.
  • Rede: PANXEA apoia activamente o traballo en rede polo que se atopa en distintintas iniciativas e grupos de traballo:

A nivel estatal, PANXEA forma parte de Espacio por un Comercio Justo http://www.espaciocomerciojusto.org/. Tamén colabora de xeito activo coa ONG SODePaz http://www.sodepaz.org/, unha asociación sen ánimo de lucro que loita polo desenvolvemento dos países do Sur.

No plano discursivo, a misión comunicativa de PANXEA é promover o comercio xusto e responsable, favorecendo a soberanía alimentaria dos pobos do terceiro mundo ou en vías de desenvolvemento así como a través do apoio aos pequenos productores locais. Tamén, a nivel económico tenta buscar alternativas que favorezcan a estes productores e limiten o monopolio dos grandes bancos.

Para desenvolver estes principios, tratan de diminuir as diferenzas entre as rexións do norte e do sur así como dos pequenos productores coas grandes multinacionais. Tamén apoian un crecemento sostible que respete ao medio ambiente. Este apoio conséguese coa defensa da produción ecolóxica (sen fertilizantes nin antipraguicidas artificiais) e dos procesos de producción e manipulación mínimos.

Estas son as caracteristicas de PANXEA a un nivel formal, pero máis alá, debemos destacar a calidade humana dos socios que a forman. Durante estes meses tratáronnos como un membro máis, favorecendo a nosa integración e adaptando a nosa colaboración á actividades comunicativas. Ademáis, fixeron que nos déramos conta da pisada que deixa algo tan corrente como mercar froita procedente de Sudamerica: os productores reciben unha mínima cantidade do prezo que nos pagamos; debido aos longos procesos de transporte e distribución, os productos son fortemente manipulados e adulterados coa conseguinte perda de calidade. Con un acto tan sinxelo como mirar a procedencia do que consumimos podemos axudar ao desenvolvemento sostible e a un comercio máis  xusto. Aínda que parezca complexo, temos alternativas.

Fontal Mato, S2C, ProT 2B2

Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: