And the winner is…

Onte celebrouse a X gala dos premios Mestre Mateo . Unha gala adicada ó audiovisual galego e a noite de todos aqueles que adican a súa vida a transmitir sentimentos ó público e facelos partícipes da súa historia, da historia que queren contar.

Dende logo esta gala estivo marcada máis que nunca polas reivindicacións, debido ós recortes que se están a producir con motivo da crise, e tamén para deixar ben claro que a cultura importa e é algo que se debe coidar. Pola súa banda o director da academia, Antonio Mourelos, deixou moi claro que o audiovisual galego é un sector que dá traballo a moita xente e “quen o ten que saber xa o sabe, se non fai nada é porque non quere ou non lle deixan”. Todo isto quedou patente nun xesto da presentadora da gala, María Castro, quen con unhas tixeiras na man, acercouse ó conselleiro de cultura, educación e ordenación universitaria e entregoullas por se quería facer algún recorte máis.

En canto ós triunfadores da noite, foron a serie Matalobos, con catro premios das catorce candidaturas ás que optaba, a longametraxe Doentes que recibiu cinco ó igual que Arrugas.

Unha gala con humor pero tamén con moita retranca que deixa ben claro que o mundo do audiovisual galego non ten nada que envexar ó nacional. Por último recordar as palabras do presidente da academia que reclamou unha televisión «pública, nosa e de todos». Tamén sinalou que era o momento de «recuperar o perdido nestes últimos anos».

Quiñoy Montero, S3B, 3B2

Posted on 29 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    ¡Qué bueno está Mourelos! Lo siento, tenía que decirlo.
    Tendemos a defender lo nuestro, lo que sentimos realmente de nosotros. Que sale de las entrañas y lo vivimos. Defiendo estos eventos, defiendo la cultura y defiendo que debemos de manifestarnos. Manifestar el potencial que se pueda tener y manifestar que la cosa está “mu mala” pero combatirla.

    • seminariocomunicacion1

      Barca Marrero, Karla.

    • Laura Quiñoy Montero

      Cierto. No vale de nada decir que todo está muy mal y lamentarnos si luego nos quedamos con los brazos cruzados. Aún así tampoco vale con hacerlo únicamente una vez al año cuando tenemos cientos de objetivos apuntándonos, es algo que hay que alimentar día a día.
      Gracias por tu comentario! 🙂

  2. María Pérez Capelo

    Tras ver a gala, recoñezo que a actuación de María Castro foi cómica e benintencionada. Aínda así, coido que non foi o suficientemente reivindicativa. É moi doado poñerse diante dunha cámara, defender todo iso e quedar de “progre” e solidaria e concienciada, pero é máis complicado baixar o caché e traballar en producións de menos prestixio. Iso si que axudaría á cultura e ó audiovisual galego.

    • Laura Quiñoy Montero

      Tes toda a razón María mais, aínda así, coido que estes pequenos “guiños” son necesarios. Se estas persoas con poder dentro deste “mundillo” non fan estas reivindicacións, quen o vai facer senón?. Doutra banda tamén estou dacordo contigo en que non deberían facelo unicamente diante das cámaras, que non sexa algo que logo vaia caer no esquecemento senón tamén aplicándose o conto e axudando a pequenas producións a saír á luz e darlles voz neste mundo tan competitivo e difícil.
      Gracias por comentar 🙂

  3. O audiovisual galego debería seguir o exemplo de serie como Matalobos, que o feito de ganar catro estatuillas, deixa constancia da grandeza desta produción. Un guión sorprendente, uns actores magníficos e unha montaxe nova e experimental. Estou totalemente segura de que se esta serie se emitira nunha canle estatal sería un éxito absoluto. Ademáis, e como contou Ricardo de Barreiro, que interpreta o papel de Mateo Veloso na serie, é una serie que aposta por novos actores abríndolles ás portas no audivisual e dándolles unha merecida oportunidade. Non cabe dúbida de que Matalobos marcou un antes e un despois na canle galega, da que deberían aprender e producir seguindo o modelo da mesma, o público galego agradeceríamolo.

    • Laura Quiñoy Montero

      A serie Matalobos deixa constancia de que en Galicia fanse moi boas producións e exite unha gran calidade a nivel audiovisual, esto tamén queda demostrado con outras series como Mareas Vivas, por exemplo.
      Ademais é a única serie que vin ata o momento que trata moi diversos temas de gran actualidade e o narcotráfico dende a realidade máis cercana e non como o fixo no seu momento “Sin tetas no hay paraíso”, nada que ver. Como dixen, con isto queda máis que demostrado que temos moito potencial e que se pode crear moi bo material sen ir tan lonxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: