Jim Morrison: os últimos días dun poeta

Jim tiña 27 anos na primavera de 1971. Nunca lle preocupara demasiado o seu físico nin a súa aparencia, e dende logo moito menos a súa saúde, que se vira afectada pola intensidade ca que vivira o seu tempo como líder de The Doors. Aínda así, a imaxe de icono sexual feminino seguía a ser innegable, e o seu éxito incuestionable.

Foi a actitude imperante de Morrison a que fixo que os seus admiradores, que vían na súa figura un heroe que loitaba contra as medidas dun sistema ditatorial, capitalista e hipócrita, fixeran da súa figura un revolucionario. E quizais todo isto foi tamén, precisamente, o que fixo que ó longo dos 60 e dos 70 The Doors pasase a ser o grupo de éxito máis inquebrantable de todas as listas mundiais.

Pero o que debería ter sido unha vida de loita, poesía, música e influencia revolucionaria social transformouse nun tráxico final, que veu acompañado duns gramos de heroína. Así, o 3 de xullo de 1971 Ben Fong-Torres comezaba o seu artigo cas seguintes palabras: “Jim Morrison, cantante principal da banda The Doors, faleceu placidamente ós 27 anos de idade”.

Dous días despois da morte de Jim Morrison o representante dos xa inexistentes The Doors recibiría unha chamada dun promotor de Cleveland: “Teño un tío para o teu grupo, parécese a Jagger pero soa como Jim ”. Ignorancia daquel que pensou que un dos poetas, cantantes, artistas e persoas máis abraiantes da historia podería ser substituído algún día.

Álvarez Patiño, S1E, S1A1

Posted on 29 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. A morte de Jim Morrison evidenciou o afán comercial da industria musical por enriba dos ideais. O negocio e o diñeiro moven a cultura e, por ende, os poetas coma Jim Morrison son obxecto diso. Que importa se hai un Jagger que soa como Jim?
    En fin, non cabe duda, que a figura de Morrison marcou un antes e un despois na arte e na cultura, non so pola expansión da súas cancións nin polos seus escándalos senón porque soubo converter a música en poesía.

  2. Coral Álvarez

    Está clara que marcou un antes e un despois na converxencia da música e da poesía, pero non creo que o problema fora o afán comercial neste caso. O contrario, creo que esta figura é exemplo precisamente de todos aqueles que intentaron fuxir desta industria sin principios para non rematar converténdose naquelo que non quería ser.
    Aínda así, é certo que o diñeiro é o que move esta industria, e o talento, por moi triste que sone isto, queda nun segundo plano cando hai unha oportunidade comercial no primeiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: