O rei entre os reis

Mentres escribo este post estou a ver “El Rey León” (agora aproveito a pausa publicitaria) e estou a lembrar a miña infancia. Unha película coma esta evoca moitos recordos e moitos aspectos relevantes da vida dunha persoa. Acórdome da primeira vez que a vin. Tíñalle medo a Scar, como a moitos personaxes malos nados na factoría Disney. A bruxa de Blancaneves, a da Bella Durmiente ou o cazador que matou á nai de Simba. Por iso non me gustaba Disney. Sempre pasaba algo malo (máis ben do peor) que desencadeaba a trama das películas. Eu, daquelas, xa estaba angustiada. Cando vin este filme por primeira vez chorei, coma todos os cativos, pola morte de Mufasa. Sen dúbida, un momento tráxico da infancia da miña xeración. 

Hoxe, quince (ou máis) anos despois, volvo ver “El Rey León”, coa mesma ilusión que a primeira vez, pero con outra percepción e valorando outros detalles. Hoxe en día xa non me preocupa tanto Scar, ou o “malas malísimas” que son as hienas. Hoxe en día preocúpame o feito de que non se continúen a facer películas infantís coma estas. Si, é certo que dixen que non me gusta Disney, pero iso é unha percepción persoal que ten que ver cos personaxes malos, máis que coa calidade das súas producións. As películas e series de antes facían que a nosa imaxinación voase, que imaxinásemos outros mundos. Eu adoraba chegar do colexio e pór o VHS de Heidi mentres merendaba. Parecía que o bocadillo sabía máis.

Agora non. Lévanse outras cousas máis “modernas”, películas para nenos que parecen para adultos. Producións que fan que os nenos maduren antes e perdan a mellor época que temos os seres humanos: a infancia.

Salgado Santos, Lara, GBCP, 4A2

Posted on 29 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. De Brancaneves a High School Musical. É triste e incluso ridículo. A sociedade está a adelantar os acontecementos. Recordo que de pequena La pajarería de Transilvania ou Rocky e Bullwinkle eran os meus debuxos favoritos. A día de hoxe, o soño dunha nena de 6 anos é ser Hanna Montana. Con este tipo de producións parece que se está a suprimir a infancia.

    • Unha Hanna Montana que sae dun escándalo de drogas para meterse noutro de anorexia… e as nenas queren parecerse a ela. Pode ser que La pajarería de Transilvania tivese unha imaxe e un son mellorables, pero eu prefería esa serie a ver moitas outras que botan agora en HD

  2. É certo que as películas que se fan agora son diferentes das que se facían antes, pero tamén temos que ter en conta a nosa percepción e a nosa idade. Estou segura (e vexoo no caso dos meus primos máis pequenos) que hoxe en día os nenos ven “Los increíbles” coa mesma ilusión coa que nós vimos “El Rey León”. Creo que non sempre temos que aplicar que aquela frase “de calquera tempo pasado foi mellor” (neste caso películas) e que a imaxinación é a mesma aínda que os tempos cambien. Eu sen dubidalo preferiría volver a ver “El Rey León”, pero entendo os nenos que prefiren “películas máis modernas” como por exemplo Sreck.

  3. Leticia Río Dovao

    Al ver tu post me acordé del primer día que mi prima de 6 años me empezó a hablar de las “Monster High”. Sinceramente, me asusté.
    No he querido saber mucho más de ellas, me quedé con las libretas, mochilas, bolígrafos que ella me enseñó. Me recordaron a las “Bratzs” de cuando yo era pequeña, pero más surrealistas. Pensar que los ídolos de las niñas pequeñas son esas muñecas que duermen en ataúdes… me da miedo pensar que será lo que adoren cuando tengan 15 años.
    Ojalá siguieran viviendo con Disney, al menos la moraleja la entenderían aunque fuera, años más tarde.

  4. María Karla Barca Marrero

    ¿No os dais cuenta de que eso mismo que decimos ahora nos lo dices nuestros padres? ¿Y nuestros abuelos a nuestros padres? Siempre pensamos que antes las cosas eran mejores (que probablemente sea así). Nuestros padres que si no tenían tantos juguetes, que si no veían tanto la tele. Que estamos echados a perder… Y oye, no salimos tan mal, ¿o sí?

    Es normal que pensemos que la siguiente generación de niños esté perdida pero… ¿igual hay suerte, no?

    Hoy siento que merece la pena tener esperanzas.

    • Está claro que no todo es blanco o negro y tanto Karla como Claudia tenéis razón en que parece que evocamos aquello de: “cualquier tiempo pasado fue mejor”. Es cierto que nuestros padres jugaban con chapas de coca cola, no tenían tantos juguetes y se divertían con cualquier cosa; pero también es cierto también que la actual generación desea crecer antes animada por Hannah Montana, High School Musical, Monster High o Patito Feo. Estas series son las novedades de Disney, por eso yo prefería (aunque le tuviese miedo) el Disney de cuando era pequeña. Películas como Shreck, Antz o Chicken Run son producciones de Dream Works 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: