Xogando aos médicos

Unha vez máis os hospitais e a sanidade están no punto de mira. Neglixencia ou non? Nin sequera se pode afirmar nin desmentir tal acusación. Esta semana atopeime cun caso que, por sorte podo definir como escándalo en lugar de traxedia.

Tratábase dun partido da Liga da Costa entre O Pindo e o Corcubión. Un choque entre dous xogadores remataba co corcubionés Sebas no chan. Inmediatamente despois, o rapaz comezou a sangrar polo nariz e tiña tal golpe na cabeza que todos nos esperábamos o peor. Apresuradamente o adestrador chamou ao 061, vista a gravidade do asunto. A ambulancia non tardou en chegar, pero o problema foi que dita ambulancia só podía trasladar ao rapaz ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cée, a pesar de que a Federación ten a mutualidade co Hospital Santa Teresa da Coruña.

No hospital ceense detectaronlle unha fractura na tapa frontal do cranio. Segundo os médicos, o rapaz debería ser operado de urxencia, pero non no hospital de Cée, senón no da Coruña. Aquí apareceu o grave problema. O Hospital Virxe da Xunqueira non tiña obrigación de levar en ambulancia ao corcubionés ata o Hospital Santa Teresa e desentendeuse do asunto. O subdirector do centro afirmou que intentou poñerse en contacto coa Mutua pero que estes soamente traballaban de luns a venres.

Desesperado, o presidente da asociación de clubes, Manuel Caamaño, decidiu que avalaría el mesmo o pago da ambulancia. Pero tampouco era esa a solución: o xefe de empresas de ambulancias asegurou que non podía enviala xa que seguramente non a ían cobrar.

Sebas chegou ao hospital coruñés pasadas as 2 da mañá , despois de estar máis de 8 horas na sala de espera do hospital de Cée, cando supostamente se tiña que operar de urxencia. Afortunadamente os médicos decidiron que non era necesaria a operación, cando menos polo de agora, xa que agardan que a fractura da fronte vaia soldando.

Aínda que pareza mentira o xogador tivo sorte, xa que si verdadeiramente fose necesaria a operación de urxencia, este post en lugar de denunciar un escándalo dedicaríase a chorar unha traxedia.  Non sei se a culpa é da empresa de ambulancias, dos recortes na sanidade ou se simplemente é unha neglixencia máis do Hospital Virxe da Xunqueira, pero xogar así coa vida das persoas debería estar seriamente sancionado.

Castro Rodríguez, Raquel; S1D, 1B2

Posted on 29 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Tes toda a razón, é vergonzoso que ocurran este tipo de cousas e como dis menos mal que aínda tivo sorte, pero estou segura que esto ocórrelle a alguén que teña un problema máis grave e o final sería tráxico. É unha triste mostra de incompetencia e desorganización que segue a producirse aínda en moitas ocasións, e que creo que a falta de medios polos recortes sanitarios será cada vez máis perxudicial para os cidadáns.

  2. Raquel Castro

    Exacto. O que pasou foi algo vergonzoso pero o importante non é pensar quen tivo a culpa, senón si se pode evitar para próximas ocasións. O dos recortes na sanidade creo que é algo que hai que reconsiderar porque as vidas dos cidadáns son demasiado importantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: