A comunicación en números

O mundo tal e como o coñecemos cambiou, e moito. Quen ía pensar que despois dos xestos, as sinais de fume ou as escrituras, a forma de comunicarnos acadaría niveis como os que estamos a ver hoxe en día? A comunicación sufriu toda unha revolución, e que mellor maneira de velo e contalo que a través dos números.

Para comezar, imos facer un breve repaso a través da historia. O primeiro medio de comunicación que se coñeceu foi a escritura (os papiros, códices, libros…). Despois da escritura chegou a radio, pero tiveron que pasar moitos séculos para que a incorporásemos ás nosas vidas. E tamén foron moitos os anos que tiveron que pasar para que conseguira chegar á maioría dos fogares. En concreto, tiveron que pasar 37 anos para que a radio tivese 50 millóns de usuarios en todo o mundo.

O ritmo acelérase e a televisión, a gran revolución de mediados do século pasado, tivo que esperar 17 anos para chegar aos 50 millóns de usuarios en todo o mundo.

A comunicación seguiu o seu proceso de evolución da man da tecnoloxía ata chegar ao nacemento de algo que cambiaría o curso da historia e que se converteu tamén nunha revolución da nosa época: Internet e o nacemento das redes sociais. En apenas 3 anos, Internet conseguiu acadar os 50 millóns de usuarios.

É mais, mentres que á televisión custoulle 60 anos cubrir todo o planeta, redes sociais coma Twitter conseguiron superar os 100 millóns de usuarios en menos de cinco anos, chegando á incrible cifra dos 450 millóns no caso de Facebook. Non podemos esquecernos do teléfono móbil: son xa máis de 4.600 millóns de persoas que o empregan en todo o mundo.

Como vemos, os números tamén son unha proba e unha confirmación do cambio exponencial no proceso de comunicación.

Aquí vos deixo dous vídeos moi interesantes, un sobre Facebook e o outro sobre Twitter que nos fan a analoxía entre estas dúas redes sociais e os habitantes dun país.

Cereijo Vázquez, S1F, 1B1

Posted on 30 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Moi bos os vídeos! o de twitter un pouco lío, pero da que pensar, aínda que non describen a miña situación, que por sorte, a miña familia aínda non probou a doce mel das redes sociais, nin teño xefe (por agora, logo xa se verá se o agrego ou non ).

  2. Sabela Cereijo Vázquez

    Moitas grazas por comentar Sara!
    A min tamén me pareceron moi interesantes os videos, pero si que tes razón en que son un pouco liosos, a miña imprsión é que van algo rápido de máis. Pero foime divertido facer números e quedarme cos 6 amigos ou coas posibilidades de parella xdd

  3. Creo que os cambios tan rápidos que sufriu a comunicación nos últimos tempos son un reflexo do mundo en constante cambio no que vivimos. Este ritmo frenético faime pensar en si todo isto é para ben ou se nalgún momento pararemos e botaremos a vista atrás para lamentar non ter feito as cousas dun xeito moi reflexivo. O tempo dirá.
    Por outra banda, os vídeos están moi ben e reflicten dunha forma moi amena a “realidade” das redes sociais. Pero o que máis me chama a atención é que, de tódolos nosos contactos nas redes sociais, só unha pequena parte deles son amigos de verdade. Moitas veces non somos conscientes disto, e expoñemos a nosa vida nas sen pensar quen poderá ter acceso a ela.

    • Sabela Cereijo Vázquez

      Eu creo que este crecemento exponencial da renovación e penetración dos medios de comunicación dos fogares vén da man dos avances tecnolóxicos, avances que me parece que son moi positivos e, por tanto, non creo que o feito de lanzarnos á comunicación teña porqué traer consecuencias especialmente negativas.
      Con respecto ás redes sociais, cada un sabe o que hai, cada un agrega as “amizades” que cre convintes e protexe o seu perfil coas opcións de privacidade que mellor lle parecen. As redes sociais non son malas, só o uso que poidamos facer delas o é

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: