Españois, a sanidade pública… está en coma.

Todas as conquistas da sociedade española fóronse baseando na loita fronte ás desigualdades sociais; e o modelo sanitario non foi alleo a esta loita. Un modelo, que universalizando o acceso á sanidade conseguiu situarse nun referente no mundo. A pesar de que é difícil atopar un só cidadán que non aprecie o desenvolvemento do Sistema Nacional de Saúde, o Goberno quixo reformar o servizo público mellor valorado pola cidadanía española. Tristemente, segundo o executivo “o modelo actual de sanidade non é sostible” pero as axudas á Igrexa, os “humildes” soldos dos ex presidentes e da Casa Real son admisibles, e ademais necesarios. Claro que si.

 ¿E que nos queda?

– Ós que, afortunadamente, temos acceso a esta sanidade de copago, asumir que a nosa esperanza de vida, despois de ver como se ía incrementando estes últimos anos, volverá a baixar.

– E ós inmigrantes irregulares, pois… cruzar os dedos para que as vosas dores sexan pasaxeiras e que poidan ser remediadas nunha consulta en Urxencias.

Dende logo, son bastante pesimista pero é obvio que agora non vamos volver atrás. A reforma está feita, e aínda que nas próximas eleccións se forme outro goberno de distinta ideoloxía as nosas necesidades socio sanitarias seguirán en perigo.

¿O resultado? Segundo as estatísticas a poboación española perdeu a confianza sobre a sanidade pública (que xa sona a utopía). E non só iso, senón que agora é un problema que lle preocupa á sociedade. É verdade, non tiñamos suficiente co paro.

España, ¿queríamos CAMBIO? Pois aquí está.

 

Díaz Villaverde, S2A, 2A3

Posted on 30 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    E queixábamonos… de puro vicio!!! Pero claro, como non vai ser que paguemos os de abaixo o que fan os de arriba, pleno século XXI e todo o que queiramos pero isto é coma hai mil anos.
    Eu considerábame afortunada por ter a sanidade que tiña o país, e co que nos vai quedar agora se o comparamos con outros países tamén nos poderemos dar cun canto nos dentes. Pero que sentido ter ir coma os caranguexos? Esa é a forma na que queren que evolucionemos. Non ten nin pes nin cabeza. E agora cada venres un pasiño máis cara atrás ata ternos ben amarrados por todos lados. Que remataremos téndolles que pagar para traballar nas “súas terras”.
    INDIGNANTE.

    • Yanire Díaz Villaverde

      Exacto Anxela. E iso por non falar dos recortes en educación… Aínda así, é imprescindible… pero sen saúde tampouco se pode aprender! A saúde é o primeiro e estannos quitando o dereito a estar sans!!!!!! E o peor é que tampouco podemos facer nada… Só estamos seguindo os pasos de EEUU, pero coa diferenza de que Norteamérica non ten 5 millóns e pico de parados… En fin, falar tampouco serve para nada.

      • Anxela Pedrouso Areán

        Lembro unha cousa que me pasou non en EEUU senón en Canadá. Unha amiga tiña un soplo no corazón (algo que descubrimos aquela noite) e púxose moi mal eu pensei que a perdiamos no medio da rúa… quixemos chamar a unha ambulancia e preguntámoslle a un viandante o número, a súa resposta?: “se non tendes 100 dólares (penso que eran máis pero ó caso) en efectivo por moito que a chamedes non vai vir a atendervos”. Tivemos que meternos nun coche e levar á rapaza ó hospital e sorte de termos seguro!
        Que queremos que pase iso en España? Que por non ter un puñado de cartos no bolsillo alguén poida morrer na rúa tan tranquilamente?
        Aquí o único que están facendo é “domesticarnos”, canto máis enfermos, máis incultos e máis desesperados esteamos máis doado será para eles empregarnos como queiran.

      • Yanire Díaz Villaverde

        A verdade é que é impresionante o que contas. Non estaba ó tanto de que Canadá tamén tivera este sistema de saúde :O
        De todas formas, é ó que vamos… e semella que non podemos facer nada para impedilo. Soamente ir aforrando!

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Creo que nos queixabamos da sanidade por vicio. Agora imos saber valorar o que temos e que se nos vai, xa que estes recortes camiñan cara atrás. Espérannos uns venres (xa anunciados por Mariano Rajoy) de anuncios de recortes…a onde imos parar? Cada vez máis paro e cada vez máis cousas para pagar, non vai haber quen sosteña esta situación!

    • Yanire Díaz Villaverde

      E non só iso, cada vez se abrirá máis a brecha entre os moi pobres e os moi ricos. Por agora, con todas estas reformas tan pouco populares, parece que a situación non mellora… eles saberán se queren seguir adiante con elas! Pero claro… a semiprivatización da sanidade pública a eles casi nin lles afecta… Por quen ten diñeiro mellor, aforran de aguantar “xente común” (que é o que máis abonda) ó lado das súas camas nos hospitais… En fin…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: