Eu non actúo por min mesma

Ó falar de individuo falamos dunha unidade separada do resto, non dun colectivo. Mais esta separación non é total, endexamais poderemos ser totalmente independentes.
Lendo un dos textos que o profesor entregou o venres na clase percateime de algo que, en certa medida, xa sabía dende hai tempo. Por moito que digamos que somos independentes, que somos progresistas, que a nosa mente pensa por si soa e que nada nos coacciona isto non é así. Precisamos vivir na xungla dunha sociedade que nos pon a proba en cada momento. Cada un dos nosos movementos é visto con lupa polo resto das persoas, examinado ó milímetro para poder atopar o mínimo erro e así, afundirnos facendo que eles cheguen a un “nivel superior”.
Temos unha máscara tan pegada a nosa pel que somos incapaces de percibir que está aí, levamos con ela case toda a nosa vida (cando somos cativos penso que todas estas tensións sociais non nos afectan) e xa é parte de nós. Non podemos actuar por nós mesmos, esta máscara actúa por nós (incluso eu, escribindo estas palabras e aínda que non me percate estou sendo influída por esa máscara).
Non sei se me entendedes, só quero dicir que no fondo, un non pode ser “si mesmo” porque sempre estivo condicionado por múltiples factores que o influíron e dos que non puido escapar. Un individuo non se forma a si mesmo nin é dono das súas ideas ou pensamentos. Fórmanos a sociedade, a mesa sociedade que logo nos pon a proba en cada instante. Pero, ¿que lle imos facer? É o mundo que nos mesmos construímos e non podemos escapar del.

Pedrouso Areán, S2E, T3-A

Posted on 30 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    Xa sei que está sen xustificar pero non son capaz. O menú das opcións non é o que me aparecía antes e non atopo o botón :S

  2. Anxela, eso que narras e que demos na clase dinme eu conta hai xa algúns anos. Por moito que o individuo se aille e pense que a súa maneira de pensamento é única e inigualable, coma innata, é relativamente falsa, nin o xenio máis xenio. Todos temos referentes, influencias, contexto social…
    Ó final hai cousas que dependen do “clan” , coma no Rei León.

    • Anxela Pedrouso Areán

      Como se nota que puxeron a película o outro día na TV eh! jaja
      Mais eu penso que non é só que haxa cousas que dependan do “clan” senon que todo, dun xeito ou otro, depende del. Na miña forma de velo, ou polo menos no que ando cavilando nestes días que logo de varias voltas á cabeza sabe dios en que acaba convertíndose, cada un dos nosos actos está condicionado pola socieade. Dende o máis importante ata o máis insignificante.
      Por exemplo, algo tan natural coma é namorarse e ter parella tamén está condicionado. Xa non só polo que pensará esa persoa sobre ti (que con ela nunca actuarías como se estiveses só) senón tamén que será o que pensen os demais cando se enteren da relación, que pensarán os teus pais, os teus amigos, se lle parecerá guapo/a ou simpático/a… cando ó fin e ó cabo é a túa elección e non ten porque influír neles para nada.

  3. O do Rei León ten algo de proceso de “individuación”, jajaja, si. É a aprendizaxe social. Non obstante, teñan coidado, todo isto só é un discurso. Dentro da cultura, da propia, o efecto gaiola (que é o que sinte Angie) é un tema moi comentado e controvertido dende a antropoloxía e a socioloxía contemporánea. Unha das herdanzas tanto do marxismo, como do interaccionismo, é que o individuo social, a persoa social, vive nun cárcere de vida. Fóra disa angoxa kierkegaardiana dise que no diálogo intrapersoal e mesmo na estrutura que pecha á persoa social hai puntos de fuga que é o que nos permite permanecer nisa cárcere, tamén. De aí as utopías do home, de construir unha sociedade, unha outra sociedade que en nada se asemelle á que vive.
    Un saúdo.
    Martínez Hermida CIC.

    • Anxela Pedrouso Areán

      Eses puntos de fuga dos que fala poden ser os pequenos raios de sol que entran entre os barrotes dunha celda. Eses pequenos raios de sol que nos fan crer que outra sociedade é posible, unha sociedade coma a das películas nas que os pais van da man dos seus fillos paseando e que toda as as preocupacións dun adolescente son ter parella nun baile ó fin de curso. Mais pregúntome eu ¿porqué esa utopía de ter outra sociedade? se a actual foi construída polo home e feita do xeito que é, ¿porqué ó construir outra esta non se acabará semellando á actual? serían coma dous fillos do mesmo pai e da mesma nai. Aínda que con pequenas diferencias semellaríanse.
      En relación co segundo comentario, dicir que non é que non actuemos por nos mesmos un 100% senon que entre o abano de presións ás que nos vemos sometidos e a todas as ideas que se nos meten na cabeza uns cedemos máis cara unhas e outros cara outras. De ahí os diferentes xeitos de pensar mais todos son froito de externalidades. Evidentemente as malas conductas deben ser castigadas, xamás faría unha apoloxía cara a violencia substentándome en que todo o que fagamos é culpa da sociedade.

      • Vale. Entendida a segunda parte sobre a resiliencia humana (para min, resistencia) Acabamos sempre sendo un recurso, ben.
        Sobre a primeira (porqué construir un mundo mellor…) vai na cultura occidental, co gps e o salpicadeiro cor sangue. Non me estou a rir de vostede. Penso que é así.
        De feito en Occidente todos perseguimos “ser”, nas culturas latinamericanas con “estar” (na natureza) xa lles sobra.
        Saúdo.
        Martínez Hermida CIC

      • Anxela Pedrouso Areán

        Estou de acordo co de “ser” e “estar”, nos perseguimos constantemente ese centro de atención. O non estar simplemente nun lugar senon ser o protagonista do que alí acontece.
        Con respecto ó de construir un mundo mellor só dicir que si, que hai adiantos como os gps pero neste “maravilloso” mundo que construimos tamén hai minas antipersoa, guerras, fame (tampouco quero poñerme dramática)… e en todo iso ten gran culpa Occidente.

  4. Ademáis, imaxinen se non actuaramos por nós mesmos, non habería responsabilidade social da persoa, Ningunha lei lle afectaría e os nosos crimes non terían que ser pagos. Se non actuamos por nós mesmos, só a sociedade tería a culpa do que fixéramos. Por tanto, sería a sociedade a culpable, non nós. E iso sóame tamén, perigosamente, ao monstro europeo do nazismo.
    Recomendo unha boa peli ao respecto: “O Ovo da Serpe” (Omers agg) de Ingmar Bergman (1977)
    Martínez Hermida CIC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: