Fast food vs comida da avoa

Cando imos pola rúa cada vez é menos difícil non tropezarnos cun Magdonals, un Pizza Hut ou un Burger King o noso paso. No super, xa non nos parece raro ver a xente na sección dos conxelados buscando comida “xa feita”. E dende logo, xa nin levantamos a cabeza cando soa o ring! e ese arroz que se fai nun minuto sae do microondas. Esta é a cultura culinaria a que nos imos acercando cada vez máis.

Entre tantos temas serios e negativos que ultimamente copan os nosos medios, gustaríame que nos paráramos a reflexionar sobre algo menos serio pero igual de negativo. A xente maior (a xeración das nosas avoas sobre todo) sorpréndese cando nos ven comer comida xa “cociñada” e lles parece inconcibible baixar ó super para mercar unha tortilla de pataca. Sen embargo, cada vez baixamos máis a miúdo e este feito esta deixando de chamar a atención. Moitos de nós criticamos a comida rápida e valoramos enormemente a comida caseira, pero o camiño que a sociedade esta tomando xira en torno a primeira opción.

Cada vez pasamos menos tempo diante dos fogóns, ó igual que a xeración dos nosos pais pasa menos tempo comparada coa anterior. Xórdenme entón as seguintes cuestións: Seguiremos conservando esas recetas tradicionais para as que temos que cociñar toda a maña? Dedicarémoslle tempo a cociña ou pola contra acabaremos seguindo as recetas da Wii?

Bon appétit!

Cid Nieto; S1D, 1B1

Posted on 30 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Recoméndolle un documental “Nosotros alimentamos al mundo” de Erwin Wagenhofer. A ver se lle quedan gañas de xantar tortilla de patacas preparada.
    Un saúdo.
    Martinez Hermida CIC.

  2. hortensia gesteira estévez

    Eu creo que a falla de tempo tamén inflúe á hora de pasar menos tempo diante dos fogóns. A rapidez coa que andamos cada día fai que dediquemos menos tempo a facer de comer e máis a outras cousas consideradas “máis importantes”.

  3. Yo no compro una tortilla precocinada ni que me muera de hambre, pero bueno, para gustos, colores. Soy de las pocas que prefiere seguir acudiendo aquella hamburguesería en penumbra, aunque valga 3.40, que a comer la hamburguesa? de 1 euro del McDonald’s. Por lo menos sabe a algo. Pero quién nunca haya acudido a estos sitios de fast food, que tire la primera piedra, y no voy a ser yo. Hay momentos para que te apetezca una pizza y otros un buen cocido. O por lo menos, viviendo en Santiago es algo que he aprendido a echar de menos.

  4. Aínda que é certo que non todo o mundo o fai, o que non se pode negar é que hai xente que merca comida preparada. Eu non estou en contra diso, pero a pregunta que me fago é se este auxe da comida “prefabricada” fara que se vaian perdendo as recetas tradicionais.

  5. Como bo comedor que me considero -e me consideran- non podo máis que felicitarte polo teu post. Efectivamente, dentro dos nosos múltiples atrasos, si somos máis avanzados que o mundo anglosaxón nun aspecto: e esa é a nosa cultura culinaria. E xa non se trata do que comemos -que tamén- senón dos nosos hábitos alimenticios. Así, o feito de comer sempre foi nos países do Sur de Europa, un acto social ineludible. Porén, hoxe en día moita xente come por pura necesidade fisiolóxica. Eu négome. Ter unha orde alimentcia é fundamenta para o organismol, e botar as risas ou contarse a vida mentras comes ´é fundamental para a sociabilización. Non perdamos estes bos hábitos!

  6. Tes razón no que dis. Comer ou cear xuntos é un acto social, e nese sentido non creo os nosos costumes estén mudando co paso do tempo. Para buscar exemplos, non temos máis que mirar o noso redor dándonos conta de que a maioría das celebracións, dende os cumpleanos ata o Nadal se celebran en torno a unha mesa chea xeralmente de receitas tradicionais (nada de fast food).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: