O futuro semella negro: Black Mirror

ImageBlack Mirror é unha miniserie de orixe inglesa estreada a finais de 2011 que xoga coa esaxeración e a provocación. Levada a cabo polo controvertido director Charlie Brooker, son tres historias independentes entre si nas que os actores e os lugares onde se sitúa a acción non se repiten. O único nexo entre os tres episodios é o efecto das novas tecnoloxías sobre a sociedade e as relacións humanas. Black Mirror especula sobre as consecuencias do seu uso incontrolado en mans dunha sociedade adormecida cada vez menos crítica. Unha aposta tan provocativa como necesaria, que critica sen demasiada sutileza, a sociedade que estamos construíndo neste mundo globalizado e permanentemente conectado. Unha mirada cargada de esaxeración pero non por iso menos certa do futuro que nos agarda. Non é posible ver Black Mirror sen experimentar certas emocións, sen plantexarse un montón de interpretacións e dilemas morais. Ata que punto se deben os políticos ao pobo? Ata que punto debemos modificar o noso comportamento para satisfacer aos demáis? Quereriamos poder recordar todo o que vemos ou oímos? Hai momentos nos que o que sucede na pantalla resulta demasiado próximo, demasiado recoñecible, obrigándonos a replantexarnos moitas das nosas actitudes. Unha crítica profunda e reflexiva sobre a comunicación, a tecnoloxía, o dereito á privacidade e os contidos e información na veloz era de Internet,  que hoxe chega a España a través da canle TNT.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 30 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Andrea Valencia

    Miriam, tiene muy buena pinta. Sobre privacidad y acceso incontrolado a la información personal hay una página de facebook que han creado para concienciar a la gente. Te dejo el link:
    http://www.takethislollipop.com/

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Andrea. Dende logo é unha serie que che recomendo sen dúbida ningunha, unha gran pequena chamada de atención para que sexamos conscientes do que nos pode agardar o día de mañá ante o abuso das novas tecnoloxías. Cando hoxe por hoxe dúas persoas sentadas unha ao lado da outra se comunican por WhatsApp, que por incrible que pareza si pasa, non quero pensar que será o que nos depara o futuro. Grazas de novo polo teu interese e pola recomendación da páxina, por suposto.

  2. Sara Pradera Cibreiro

    Hace un par de semanas, nos pusieron en clase una de esas tres historias de las que consta black mirror y me pareció bastante llamativa. Se sale de los estereotipos y muestra una visión futurista que en un mundo dónde las comodidades son exageradas y las relaciones cada vez más artificiales. Con un cóctel así, las cosas no pueden acabar muy bien.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Sara. Efectivamente, esta serie vén a retratar un futuro dende unha perspectiva esaxerada, pero un futuro que quizáis estea máis próximo do que pensamos. Creo que nos convida a reflexionar sobre o triste día que nos agarda mañá ante o avance do uso incontrolado das novas tecnoloxías que se está a levar a cabo en moitos casos. Como ti ben dis, as cosas así non poden acabar moi ben. De novo, grazas polo teu interese.

  3. La vi estas navidades, fue la serie perfecta para terminar un 2011 plagado de decepciones y despedidas. Black Mirror es una mirada descarnada hacia una sociedad encerrada entre unos muros llamados modernidad, tecnología, futuro y comunicación. No hay nada más triste que levantar barreras a nuestro alrededor con la idea de tender puentes. Las tres historias de Black Mirror, a cada cual más triste, a cada cual más inquietante, plantean preguntas a las que no queremos responder por miedo.

    Me alegra mucho ver que esta serie llega a España, yo la encontré en Internet, rebuscando, como siempre, entre mis páginas seriéfilas favoritas. Hasta escribí un post muy largo sobre Black Mirror para Alt1040. Creo que estamos ante una serie, a pesar de su brevedad, necesaria y muy redonda. Altamente recomendable. Eso si, siempre que hablo de ella digo que lo mejor es verla sin saber de que va, si te lo cuentan le quitan emoción a la experiencia.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Rebeca. Estou totalmente de acordo contigo en que é unha serie cuxa visión é totalmente necesaria. Necesaria para abrir os ollos de cara a un posible futuro que nos agarda controlado pola tecnoloxía e a modernidade ata a esaxeración. Creo que chegas a resumir de xeito inmellorable o que está a acontecer no ámbito das novas tecnoloxías: “levantar barreras a nuestro alrededor con la idea de tender puentes”. Non o podería expresar mellor. De novo, grazas polo teu interese.

  4. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    ten moi boa pinta a serie. penso que era necesario algún tipo de reflexión, de pensamento crítico arredor deste mundo demasiado robotizado, na miña opinión. intentarei facerme con ela e podela disfrutar. as novas tecnoloxías permítinnos descubrir moitas cousas dende o noso sofá e comunicarnos a un menor coste, pero non cheguemos a quedarnos a soas co noso ordenador, móvil, demasiadas horas mantendo unha conversa que poderiamos disfrutar frente a frente, sen pantallas de por medio.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Cris. Pois si, recoméndocha sen dúbida. Non só porque teña boa pinta, senón porque é un convite á reflexión da que falas. As novas tencoloxías convértense nunha posibilidade para manter unha comunicación permanente. Agora ben, o seu abuso convértese, precisamente, nunha falta de comunicación manifestada en situacións de illamento e evasión. E isto é o que nos quere transmitir dun xeito nada sutil “Black Mirror”. Reitero a idea que apuntaba Rebeca: “levantar barreras a nuestro alrededor con la idea de tender puentes”. De novo, grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: