A comunicación interpersonal no xornalismo

A comunicación interpersonal comprende un intercambio de mensaxes e establécese entre persoas que están próximas. Cada unha das persoas produce mensaxes que son unha resposta aos mensaxes que foron elaborados pola outra ou por outras persoas implicadas na conversación. Dentro deste tipo de comunicación, xorden outras modalidades comunicativas relacionadas con esta transacción continua: o intercambio comunicativo dun individuo a outro (falar cara a cara), dun individuo a unha colectividade, ou dunha colectividade a outra de individuos.

No noso caso, como estudantes de xornalismo, penso que é moi importante centrarse en coidar o que é a comunicación interpersonal xa que para nós como futuros xornalistas é fundamental ter en conta á persoa á que nos diriximos, e saber tratar coas persoas que nos facilitan información sobre a que traballar. Por exemplo: cando unha fonte lle facilita a un xornalista certa información sempre vai observar o seu comportamento. Se o xornalista cumpre co acordado, a fonte estará disposta a achegarlle máis información nun futuro. Con todo,  non se trata só de respetar á fonte e de empatizar coa xente, senón tamén cómpre lembrar sempre que o modelo de comunicación da información, non pode converterse nun modelo de comunicación lineal no que só nós, os xornalistas, emitamos unha mensaxe sen ter en conta aos nosos lectores.

Geada Ares

S2D

2b1

Posted on 1 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Moi acertado o teu post Antía. Creo que se algo aprendimos durante este cuatrimestre é a necesidade de tratar ás persoas que nos proporcionan información non como fontes senón como persoas sociais, coas que crear unha rede e comunidade que non sexa para a transmisión de información de maneira lineal, senón que é preciso que este camiño teña vías de ida e volta.

    • Concordo contigo. Penso que tanto no traballo do TS coma no ProT aprendemos algo fundamental para a nosa profesión, como é aprender a tratar coa xente. Está claro que o xornalismo non ten futuro se non se dá ese intercambio de información entre os xornalistas e o resto da sociedade.

  2. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Estoy de acuerdo. Creo que es importante darse cuenta que estamos tratando con personas, y anteponiendo eso a nuestro trabajo, cumplir con una obligación moral antes que nada. Es decir, tener la empatía suficiente como para ser conscientes de que esa persona es representante de una realidad y, después, que nos está facilitando nuestro trabajo, sí. Tal vez el verle como “fuente”, a secas, nos ciega demasiado.

    • Quizais o erro no que máis recaen moitos xornalistas, dende o meu punto de vista, é o feito de que esquecen que están a tratar con persoas. Durante as entrevistas do pasado cuatrimestre decateime do importante que é “caerlle ben” ao entrevistado pois disto vai depender o éxito ou o fracaso da entrevista. A empatía é fundamental no noso traballo, non só para que a xente que che facilita a información se sinta máis cómoda, senón para realizar un traballo de calidade.

  3. Gústame a idea de pensar que alguén nos escoita, nos lee…E debemos contar con eles, dirixirnos a eles para que saiban que nós, os xornalistas, tamén somos persoas. Cando chegamos aquí só nos falaban de fontes e parecía que fonte era calquera, agora dámonos conta de que eses que confían en nós para aportar información son persoas, seres coma ti e coma min e que debemos tratalos como tal.

  4. Dende logo temos que atender ás demandas dos lectores e ouvintes porque son eles, como ti dis Lara, os que nos escoitan e os que nos len, mais sempre dentro duns límites. Concordo contigo cando dis que ao comezo da carreira parecía que fonte era calquera. Afortunadamente, despois das prácticas deste ano decateime de que non é nada sinxelo ser fonte e de que a relación fonte-xornalista débese contruir dende o respeto e a comprensión mutua.

  5. Precisamente dese tema o outro día vin unha reportaxe sobre un adestrador de fútbol que daba roldas de prensa de varias horas, ata que quedasen claras todas as preguntas dos xornalistas para así evitar dar entrevistas persoais porque unha vez nunha ao principio da súa carreira alguén rompeu un off the record.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: