A moda de comunicar

Cando collo un xornal, unha das partes que máis me gusta ler, son as noticias que fan referencia a Ferrol, que é onde vivo.

Comparando xornais, realmente, se quero ter unha información que cubra máis aló de dous parágrafos, teño que recorrer ó xornal propio de aquí, o Diario de Ferrol.

Na Voz de Galicia na edición dixital, á sección adicada a Ferrol, todas as novas que hai, ocupan de media un parágrafo de extensión, e son todas como teletipos de axencia. Un exemplo disto, é o tratamento destas dúas noticias nestes dous medios:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/04/30/certamen-primavera-san-sadurnino-cumple-17-anos/0003_201204F30C2998.htm

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/41221-b-noticia

O xornalismo local debe de fuxir das noticias de axencias e dos teletipos, xa que isto merma a calidade da información. O xornalista local, ten que empaparse da cidade, da súa realidade e afondar nos feitos. Ten que participar de maneira activa nas redes sociais e fabricar unha información veraz e chamativa para o público.

Que comunicar está de moda, non é ningunha novidade. Calquera pode comunicar, ou transmitir unha información. Pero entre os xornalistas e o resto da xente, teñen que haber diferenzas. O labor dun xornalista non é sinxelo, ten que afondar no asunto, contrastar as informacións das fontes, etc.. polo tanto ten que notarse unha diferenza máis que notable na calidade da información.

 Pradera Cibreiro , Sara

CL4X

Posted on 1 Maio, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Efectivamente, ante a expansión e o éxito que están tendo os blogs e demais redes sociais, creo que como xornalistas é agora cando debemos marcar a diferenza máis cá nunca.
    Comunicar, dar unha información de calidade e que cubra as necesidades da xente é moito máis complexo que transmitir unha nota de prensa sen maior modificación. De feito isto é o que, como dixen, marca a diferenza entre un profesional, un xornalista local que actúa tendo en conta a súa labor social, e unha persoa de a pe sen formación no ámbito da comunicación.

  2. Sara Pradera Cibreiro

    Outro problema a ter en conta, aparte das diferencias á hora de comunicar é tamén o intrusismo que sofre a nosa profesión. Cada vezz son máis os espazos, que en vez de buscar a xente formada e competente, colocan a “personaxes” para dar máis morbo ou simplemente porque son más guapos, aunque de cerebro estean vacíos. A audiencia manda, pero moitas veces, o que demanda en vez de calidade, é banalidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: