Cando o que pasa na cidade non importa
Asistindo a unas charlas sobre xornalismo e crise xurdiu, como non podía ser doutra forma, a idea da crise do xornalismo. Un dos poñentes falaba de como a TVG retirara pouco a pouco as seccións locais dos seus informativos porque non eran un gasto innecesario e que ademáis non tiña ningunha audiencia. Sen embargo o mesmo poñente afirmaba que estes informativos locais eran os menos influeciados polos intereses políticos e económico da cidade precisamente porque como a súa audiencia era insignificante os políticos nin se molestaban en darse publicidade eiquí. E a pregunta que gustaría poner sobre a mesa é: Existe un xornalismo local independente e que sexa realmente atractivo para as audiencias?
Os analistas e expertos auguran un futuro moi curto para as cabeceiras locais, din que xa non interesa o que pasa na cidade. Que a globalización matará finalmente os localismos dentro duns anos. Ó mesmo tempo afirman que o xornalismo que se practica nas cidades é simplista e demasiado paternalista. O día seguinte asistín a unhas charlas sobre emprendemento e innovación. É posible que antes de deixar que o xornalismo local e de cidade morra se poidan tomar iniciativas innovadoras que informen ó cidadán sobre a actualidade máis cercana?
O xornalismo local merece vivir, non merece que sexa manipulado polos intereses empresarias e políticos das cidades, mais tampouco merece ser ignorado por eles, porque os cidadáns non se merecen vivir sen coñecer o que pasa na súa cidade.
Abuín Mallo, Álvaro CLX4
Posted on 2 Maio, 2012, in Documentos and tagged Comunicación Local, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0