A loita polo legado de Megaupload

Anteriormente falei nun post do novo boom do fenómeno das series de ficción que, na actualidade, podemos comprobar que se ten xeralizado por mor da gran expansión da Internet.

Pois ben, as visualizacións online e as descargas de capítulos e series completas, ao igual que ocorre coas películas e a música, recibiron un duro golpe co desmantelamento do portal de aloxamento e descarga de arquivos Megaupload. Supoño que todos recordaredes este suceso, polo que non profundizarei máis nisto. Non obstante, que ocorre agora, logo xa duns cantos meses da caída do portal de descargas por excelencia?

Loxicamente segue a ser doado descargarse arquivos da Internet, mais a situación na actualidade é un pouco caótica. Agora son moitas e moi diversas as bases de datos ás que os usuarios suben as series, as películas, as discografías… É a aquí a loita por aglomerar todo ese público que tiña rexistrado Megaupload, onde había até miles de usuarios vitalicios, cos cales aínda hoxe non se sabe o que vai ocorrer xa que tiñan pagado por selo, pero iso xa é outra historia.

Ferro Falcón, S2A, 2A3

Posted on 2 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Yo creo que tal y como están las cosas sería una estupidez suprema hacerse cuenta en cualquier servidor de archivos, porque te cambia la ley de un día para otro, pierdes lo que has pagado y aún te puedes ver metido en algún lío.
    Además con la de páginas para ver online que hay, yo no me lo pienso.

    • Estou dacordo contigo, mais as estratexias destas páxinas son tan claras coma as de Megaupload no seu momento: spam, esperas, velocidade lenta de descarga… Moi similares e co mesmo obxectivo, que te rexistres, captar usuarios e converterse no novo portal de aloxamento e compartimento de todo tipo de arquivos por excelencia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: