Algo estaremos a facer ben

Neste derradeiro post gustaríame darlle un xiro a toda a visión que, do xornalista e do xornalismo local, veño / vimos facendo ata o de agora. Ben é certo que algo vai mal, que se debe renovar e atopar unha nova estratexia de actuación para conseguir solventar as súas trabas e decadencias (máis isto tamén acontece co resto de especializacións xornalísticas).

Pese a todo, debemos ter en conta que a información local segue a ser unha das primeiras no ranking das máis lidas e demandadas: as máis interesantes para a sociedade. Por isto é polo que hoxe quero salientar a faceta de todos aqueles xornalistas locais que, aínda non sendo expertos nin autóctonos da zona informativa na -e para a- que traballan (situación que adoita ser a máis habitual), conseguiron adaptarse e sacar o seu traballo adiante con bos resultados.

Aprender a relacionarse coa poboación, conseguir os contactos precisos -e entenderse con eles-, elaborar pezas coas que os habitantes se sintan identificados e integrados, conseguir establecer unha verdadeira comunicación co pobo…

A comunicación local non é fácil, nin moito menos simple…

… por este motivo: xornalistas locais, algo estaremos a facer ben pero debemos facelo aínda mellor.

Noal Rodríguez, Marta cl4x

Posted on 2 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Velaí que a oferta e a demanda de contidos pouco teñen que ver entre si, normalmente nin se corresponden (a pesares do que digan os marqueteros), e menos aínda con ránquins de fruición localista. Non nos estivemos referindo a estéticas top ten, niste curso (ou eu volvinme máis tolo do que podo parecer)
    E non, non estamos a facer ben as cousas. En xeral. Pero isto non é un absoluto, nin un axis mundi. Esto obedece a un contexto, a unha atmósfera, que se corresponde con que a xente síntese enganada coas súas vidas e coa terra de promisión (léase expectativas) Por tanto, estamos refunfuñando e non nos sirve nada. Eu sei de xente que intelixentemente pescuda nos restos da batalla, no lixo acompañado por gaivotas (non hai mellor logotipo para definir o que son) ou explora nos momentos entre lugar e lugar resgatando auténticas verdades útiles para todos (se se trata de atopar utilidades) Vostede que está recén chegada da Grande Mazá, non se decatou aínda onde atopar o xornalismo local do futuro? Ollo: o xornalismo aínda é unha pequena parte (unha pequena elite para unha elite informada) da comunicación. Vale ou non vale?
    Saúdos.
    Martínez Hermida CIC

  2. Tras falar tanto de cómo debería ser o xornalista local, optei por facer unha radiografía do que é hoxe. Que non nos adicamos a estéticas é obvio máis o único que pretendía era centrarme na idea que un profesor nos explicou fai anos: “o xornalista nun campo novo non é máis ca un paracaidísta que cae en certo sitio do cal descoñece todo”. Penso que así é como se atopan moitos dos xornalistas locais hoxe en día, nun lugar que non coñecen sen saber de que e a quen teñen que informar (principal problema a erradicar).
    Pero si, ben certo é que o xonralismo, sobre todo o local, é unha pequena parte da comunicación e, comparándoo co da situación neoyorquina… fica aínda máis pequecha esa parte.
    Un saúdo

  3. Si, é verdade que hai profesores-paracaidistas tamén. Eu mesmo teño moitos saltos ao vacío. Aínda que eu gosto máis do surf.
    Oes, e Nova Iorque, aínda que non o pareza, non é máis que unha aldea e unha idea. Pero sí, mellor é quedar pendurado no pincho do Empire State que aterrar alí sendo xornalista.
    Martínez Hermida CIC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: