Estereotipos e división

A sociedade en que vivimos está moi marcada polos estereotipos. Fanse xuízos de valor á lixeira, ás veces inxustos ou que non se corresponden coa realidade. Se vistes dunha determinada maneira, se opinas determinadas cousas, se falas ou non galego, encádrate dentro duns determinados ideais. Na situación social actual existe unha división: ou es de dereitas ou es de esquerdas, ou  monárquico ou republicano. Esta división está moi patente nos discursos dos xornalistas dos medios de comunicación do noso país. A grandes trazos, isto é sobre o que opina Manuel Cruz no artigo “Cómo se recoñece a un filósofo de dereitas” no que lle ofrece ó lector unha serie de claves para recoñecer a ideoloxía do redactor que a el se dirixe. Argumenta que actualmente existe un baleirado dunha serie de conceptos, el fala de inquedanzas ou utopía no caso dos progresistas e de falta de empatía nos conservadores, que fan que os discursos reinantes nos medios sexan inconsistentes e sen fundamento.

Na reflexión final invita ós xornalistas, sobre todo ós de dereitas, a ser máis empáticos cos problemas dos cidadáns. Eu penso que ó fin e ó cabo ese é o labor do xornalista, debe ser honesto e claro nos seus argumentos, sendo fiel á sociedade e brindándolle o seu apoio, sendo a súa voz. Baixar do pedestal do poder político e poñerse do lado da sociedade, sobre todo nestes duros momentos de crise económica e social que se están a vivir e nos que a política cada vez cobra máis protagonismo.

Rodríguez Martínez, Raquel  CL4X

Posted on 2 Maio, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Paréceme moi interesante este post, porque é certo que en moitas ocasións a maneira de reactar dos xornalistas nos amosa directa ou indirectamente a súa tendencia. Isto tamén repercute nos xornais onde hoxe mesmo, por exemplo, podemos ver nos diferentes medios a lectura do debate electoral en Francia, onde o claro gañador é Hollande ou Sarkozy.

  2. Pois si Claudia, ademais isto parece que vai in crescendo. Se botamos un ollo á prensa diaria esta tendencia cada día se fai máis patente e o que é peor, radicalízase. Hai portadas de determinados medios de comunicación totalmente incendiarias, un exemplo, entre moitisimos, é a portada de La Razón que provocou un colapso en Twiter http://bit.ly/LaeHs0.
    A onde van chegar os medios de comunicación? deberían ter moito coidado xa que están creando unha opinión na sociedade moi perigosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: