Posted on 2 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Comunitaria, Curso 2011-2012, Política, Radio, Red Social, Xornalismo. Bookmark the permalink. 7 Comentarios.
Pescuda no blog
Canal BCP
Frases para o recordo
"Poderíase relacionar, neste caso, a confianza coa calidade da investigación: canta máis confianza, máis intercambio de información e, polo tanto, un resultado máis rico, variado e mellor contrastado". (CAAMAÑO DEUS, SOFÍA 151.B02)
“Es increíble que aún en pleno siglo XXI la imagen que se comunique de la mujer sea la de una delicada ninfa que se acicala, decora la casa de rosa y adelgaza por el camino. Este tipo de revistas han creado la propia personalidad de las mujeres. Obviamente, los factores históricos son los que más influyen; pero estamos ayudando a perpetuarlos. Vivimos en una comunidad donde muchas personas aún consideran que estamos aquí para gustar". (ARIAS RIAL, ARIADNA 151.F03)
O máis visto
Comentarios recentes
- Lupe en Encuentro con Carlos Álvarez, Colegio de Psicólogos de Santiago
- Luis Manteiga Pousa en W. Benjamin define a el “Flâneur”
- Lupe en Encuentro con Carlos Álvarez, Colegio de Psicólogos de Santiago
- Culo de Maria bugarin morais rico con cmen en el anito abierto en La importancia de pertenecer a un grupo
- chimbote grande en La importancia de pertenecer a un grupo
- d-vers gallery en Page One: Hasta el más grande puede llegar a caer
- Mikel en Internet, ¿amigo o enemigo?
- cerack meteteundedo en La importancia de pertenecer a un grupo
- cerack metete en La importancia de pertenecer a un grupo
- cerack metete en La importancia de pertenecer a un grupo
Encantoume o teu post Olalla! Creo que a frase “Agora chegamos a un punto -a era dixital- onde esta inquedanza acadou o seu cume. O problema está en que ninguén sabe se será a cima da montaña ou o bordo do precipicio. Todo é relativo segundo se aplique.” é moi certa. A inmensidade das posibilidades que ofrece a era dixital lévanos a un mundo confunso e relativista, onde non sabes se estás na cume ou no precipicio. Así, aínda que as redes sociais facilitan a comunicación, tamén a fan máis difusa, de aí que as revolucións actuais se cadra teñen menos forza que as pasadas. A sociedade é moi heteroxénea, e iso non é malo, pero ás veces o individualismo impídenos levar a cabo accións conxuntas que si se terían desenvolvido noutras épocas nas que a comunidade tiña un maior peso nas nosas vidas…
Hai uns cantos anos xa que cada 25 de abril a escoito:
se hai algo que lle envexo ó pobo portugés eso é a REVOLUCIÓN DOS CRAVEIS !!
“Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade”
Saúdos
A verdade e que esta nova era está a cambiar moitas cousas e con respecto a temas que requiren a unión da sociedade máis. Pero non lle vexamos todo o lado negativo…Tentemos pensar que grazas a esas redes sociais facer unha quedada, por poñer un exemplo, é algo máis sinxelo. O que pasa é que a xente non se involucra coma antes, aí está o problema.
Agora vai por twitter todo e así dubido que fagamos unha revolución co levantamento do twitter. Somos máis de quedar no sofá e non facer nada.
– Marcos e Rivera: aí está a clave, parece que cada vez a comunidade ten menos peso nas nosas vidas, porque estamos tan acomodados que xa non precisamos a unión para saír adiante.
-Todos: quedo cunha frase que dixo un día Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia: “o xornalismo dixital é coma as enerxías renovables: sabemos que está aí e que é o futuro, pero aínda non sabemos moi ben que facer con el”.
Pois iso.
Moi ben aplicada a metáfora Olalla e moi ben traídos de novo a nosa memoria eses recordos daqueles tempos nos que comunicarse a través dos “grandes”medios non era a prostitución de agora, senón unha necesidade.
Aquí deixas ver un concepto moi intersante de transfondo, como é ese paso dos medios, a aqueles que tamén o eran,(o pobo) para chegar a ser fin. O pobo se adona do que é seu, a comunicafción, así como dos medios para exercela, esa canción en Portugal é unha das cousas máis pequenas e curtas, e á vez de maior significado que haberá na historia.
Falas dos medios dixitais como unha pegada máis da evolución nos nosos hábitos diarios. Para mín tamén é así, Internet,é para nós o que o mp3 foi ao tocadiscos. Pero non soamente iso, senón que tamén abriu unha porta moi importante, a toda aquela xente sen voz ansiosa de expresasr as súas inquedanzas. Eu, lonxe do que a veces moita xente pensa, creo que este novo camín, fai máis posible a comunicación local. Calquera persoa pode plasmar a situación do seu lugar; e a súa vez os seu semellantes, poden enriquecela.Tichenor xa incidiu bastente sobre este aspecto defendendo o equilibrio que se pode acadar entre o localisme e o cosmpolitismo; segundo o uso que lle de a xente.
Recalco o que dis sobre a comunicación local. É moi complicada a sustentabilidade dun medio en todos os pequenos lugares que hai espallados por Galicia, por exemplo. Porén, grazas a internet vemos como as persoas vinculadas a un entorno van creando diferentes espazos na rede onde compartir, discutir ou informar. Non digo que isto se trate puramente de xornalismo, pero si de comunicación. A ver se pouco a pouco conseguimos que a través de internet se traten todos os temas que atinxen a minorías -neste caso xeográficas- e que os grandes medios non poden (ou non queren) chegar a cubrir.