Queremos princesas, non guerreiras

Hai uns días, no seminario sobre Xornalismo Social e Cooperación Internacional que se está a celebrar na nosa Facultade, puiden escoitar as palabras da xornalista e investigadora en comunicación e xénero Belén Puñal. A súa exposición estivo centrada en promover a linguaxe non sexista porque, pode parecer incrible pero aínda hoxe en día se segue a utilizar unha linguaxe machista nos medios de comunicación, incluso naqueles que se supoñen máis progresistas. E para mostra un par de artigos que ela puxo como exemplo e que son moi ilustrativos. Son dous artigos sobre o torneo de Roland Garros de 2007 publicados no diario El País o mesmo día (8-6-2007) e escritos pola mesma persoa (Juan José Mateo). Un dos artigos refírese ao partido entre Nadal e Djokovic e foi titulado: “Nadal evita la técnica porque es el más fuerte“. Mentres, outro texto trataba o trunfo de Justine Henin sobre Jelena Jankovic co titular: “La reina de París contra la princesa del agua”. Parece que as tenistas non poden ser fortes nin ter técnica. Só poden ser raíñas e princesas e o importante non é o seu revés senón a vestimenta que leve, que é polo que sacan en portada a miúdo ás irmás Williams. Moitas veces non nos damos conta pero o caso é que estes discursos acaban por converterse en normais para o público e non son nada positivos. Outra cousa xa é o mundo da publicidade, con anuncios coma este (chega cos primeiros 30’’).

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 2 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. Pois penso que chamar raiña ou princesa a unha tenista non é malo, sobreentendo que é a máis forte. O da publicidade si que é tema aparte e considero que debera ter certos límites. Non son machista, nin moito menos, pero considero que a ”problemática” da linguaxe sexista responde a outros finalidades distintas á comunicativa. Recordo unha clase do cuatrimestre pasado onde se provocou certa conflictividade porque unha rapaza empregou un termo xenérico para referirse a homes e mulleres á vez. Menos mal que o dixo unha muller porque a postura do docente de turno deixonos abraiados a min e a ela e creo que a todos.

    • Non me dou conta dese momento ao que te refires pero, en todo caso, o que non debemos esquecer é que somos (ou seremos) as persoas encargadas de comunicarlle a actualidade ao resto da comunidade e a linguaxe que utilicemos para facelo é moi importante. Ao fin e ao cabo, somos seres que tendemos a imitar outros que tomamos como referentes. Polo tanto, aqueles e aquelas que traballamos ou traballaremos algún día nos medios de comunicación temos a responsabilidade de expresarnos do xeito máis correcto que se sexa posible.

  2. Lara Lozano Aguiar

    Eu penso que haiq ue saber diferenciar. Non é o mesmo a publicidade que un titular. A publicidade está aí co fin de convencerte para que ti compres e compres…ese titular non creo que teña unha connotación tan mala.

    • Velaí está o problema, que estamos tan acostumados a titulares como estes que non vemos nada de malo neles. Isto é como os atuendos que teñen que levar as mulleres noutros países, en Oriente Próximo por exemplo. Alí tamén hai comunidades nas que non ven nada de malo en levar a cara tapada.

  3. Seguimos vivindo nun mundo moi sexista, por desgraza son centos os casos coma eses pero tampouco hai que tomalos ao pé da letra. Quizais haxa algún artigo de tenis que fale de príncipes e non de guerreiros.

    • Pode ser que tamén haxa titulares que falen de príncipes pero o habitual é o contrario. É certo que non é cousa de alarmarse pero tampouco debemos relaxarnos demasiado: Canto antes tomemos conciencia e tentemos levar a cabo unha linguaxe máis correcta neste sentido moito mellor.

  4. Totalmente dacordo. Hai que esforzarse nunha reorientación da linguaxe cara as non discriminacións, tanto en relación co sexo e o xénero como a etnia, a raza ou o idioma. Mais a reflexión máis profunda poríaa en mirar cando aparece unha muller nos medios e cando un home posto que os suxeitos das noticias soen seguir o mesmo patrón: home, branco, europeo e heterosexual.

    Por outra parte, o atuendo árabe. Cómpre lembrar que o burka sí priva da liberdade e ten unha connotación machista, en lugares como Irán o burka é unha imposición recente dos Hermanos Musulmanes (postos aí por EEUU por certo). Mais o velo, moitas veces, é cuestión climática e incluso unha cuestión cultural que non ten porque ser necesariamente machista.

    Un saúdo e boa tarde!

    • Grazas polon teu comentario Ana. Si, o certo é que os suxeitos das noticias adoitan seguir o patrón que indicas. Se guramente unha das razóns sexa que na actualidade a maioría da información que se publica coincide cos contidos que envían ás redaccións os gabinetes de comunicación das diferentes entidades, tanto públicas como privadas, que tamén seguen ese modelo á hora nomear cargos de certa relevancia.

  5. Anxela Pedrouso Areán

    Pasa como o que vin no meu ProT cos discapacitados en COGAMI. Parécenos que somos totalmente imparciais e que o temos as claves da linguaxe nas nosas mans pero non é así. Moitas veces pensamos que os xonralistas estamos nun nivel superior… quen nos dera!
    Pero si, o certo é que a sociedade segue sendo sexista e, con ela, o linguaxe que empregamos e non só nos medios senón tamén psicolóxicamente. Quero dicir, cando pensamos na carreira de enfería ou de maxiterio pensamos en mulleres e todo o contrario cas enxeñerías. Temos o mundo demasiado encasillado e temos que darnos conta que en realidade nin nós somos máis que vos, nin vos sodes máis ca nós. Somos todos iguais e o único que nos diferencia é o noso aparello reproductor. É algo que lle intento aprender os meus primos pequenos e penso que o van asimilando

    • Totalmente dacordo. A única diferencia é a do físico. E respecto do exemplo que mencionas das carreiras tamén concordo contigo. Tanto na universidade como na formación profesional os estereotipos están aínda moi presentes na actualidade. Iso si, por sorte cada vez menos pero queda moito por avanzar nese sentido e aínda hai quen lle di “ti non estás ben!” a unha moza que decide estudar un ciclo de FP de obra civil ou quen se atreve a outorgarlle a condición de homosexual a un mozo que estude perruquería, maquillaxe ou algo relacionado coa confección.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: