“ProT: Esquema-resumo 4B1”

O noso grupo ProT traballou coa asociación de Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC na elaboración dun plan estratéxico de comunicación para a captación de novos socios. A nosa relación coa asociación limitouse ao gabinete de comunicación, que coordinaba Iolanda Fernández, e á xestoría técnica (Inés Toca).

Achegamos novas ideas coa finalidade de dar un aire renovador ao conxunto da asociación. O principal obxectivo do plan era mellorar as súas estratexias comunicativas internas e externas, de xeito que conseguira manter os socios que xa tiña e captar un novo público. A persoa social da institución son exalumnos da USC que teñen que ter polo menos un ano cursado dunha titulación.

As dimensións que abranguen á asociación actualmente son as seguintes:

Dimensión tecnolóxica: conta cunha páxina web en proceso de actualización, un perfil de Facebook (pero aínda non chegou aos socios debido á súa idade).

Dimensión económica: a asociación mantense grazas ás achegas anuais dos socios (cota) e dunha subvención da Xunta que mantén o gabinete de comunicación.

Dimensión política: a asociación está organizada en estamentos descendentes, de maior a menor xerarquía (véxase cadro de comunicación interna).

Dimensión institucional/social: a asociación crea vínculos de amizade entre os socios e destes coa universidade.

Dimensión ideolóxica: búscase crear o sentimento de pertenza á USC.

Para elaborar o plan estratéxico levamos a cabo unha análise de partida para coñecer a identidade da asociación: misión, visión e valores. Neste punto definimos as finalidades sobre as que se sustentaría dito plan:

  • Conservar os lazos de amizade creados entre o que fora alumnado da USC

  • Promover o vínculo entre os integrantes da asociación

  • Apoiar á Universidade contribuíndo ao seu crecemento e desenvolvemento

  • Procurar, a través de programas e actividades, a vertebración da sociedade galega ao redor da USC.

Posteriormente, realizamos un análise DAFO para poder chegar a diagnosticar aquelas eivas que interrompen o avance da asociación e fomentar aquelas que axudan a un maior desenvolvemento:

Principais debilidades:

  • Baixos orzamentos.

  • Pouca visibilidade na sociedade galega.

  • Cadro de persoal limitado.

  • Os socios descenden día a día.

Principais ameazas:

  • Contexto económico, social e político pouco favorable.

  • Existencia dun gran número de asociacións doutras temáticas.

  • A sociedade non amosa implicación co asociacionismo.

  • É unha institución ríxida e convencional.

Principais fortalezas:

  • A nivel estatal, a asociación posiciónase como un exemplo a seguir para outras asociacións da mesma índole.

  • Camiña ao abeiro da USC

  • Convértese no punto de encontro de exalumnos da USC

Principais oportunidades:

  • Promover e contribuír un cambio de mentalidade

  • Crear un novo perfil de socio

  • Posibilita a creación de vínculos persoais e profesionais

Con vistas a unha maior aceptación no público, definimos un novo perfil do integrante da asociación que fixamos nunha idade comprendida entre os 35 e os 45, de ámbito urbano con titulación universitaria e de clase media.

No desenvolvemento estratéxico da xestión da comunicación decidimos ampliar fronteiras e descentralizar o programa de actividades (agora mesmos só se desenvolven en Santiago de Compostela) chegando a institución á cidade de Lugo, argumentado que alí tamén hai un campus da USC. Para que isto sexa posible, a xestora técnica debería delegar as súas funcións a un líder en Lugo, para favorecer a relación directa cos socios e contribuír a unha mellora na xestión das actividades.

Entendemos que a comunicación externa é moi necesaria para a asociación, polo que decidimos que sería conveniente relacionarse cos medios de comunicación locais achegando información relevante das actividades. Cómpre salientar a presenza da institución nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linklin) e da comunicación 2.0 (blogs, foros…). Este espazo deberá ser usado polos socios e a web terá que ser actualizada frecuentemente.

En canto á comunicación interna sería beneficioso para a asociación que os empregados interioricen os obxectivos da institución, eviten as indecisións e contribúan a unha correcta toma de decisións. Elaboramos un pequeno informe no que salientamos a necesidade de promover un correcto sistema de comunicación horizontal na institución, fomentando un estilo de dirección participativo, creando confianza e compañeirismo e apostando por relacións cordiais entre os membros da asociación. Actualmente, a comunicación interna é vertical. O seguinte esquema representa esta situación:

Imaxe

Para finalizar o noso traballo coa asociación, aconsellámoslle promover actividades con outras asociacións co propósito de diversificar as actividades, buscar novos socios e animar ao asociacionismo. Vista a posibilidade da negativa da asociación (polo medo aos altos custes), insistimos na creación de convenios, para que se eviten gastos por ámbalas dúas partes.

ProT 4B1

Varela Fernández

Vázquez Peón

Veres Ojea

Yáñez Castro

Posted on 3 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Revisen as dimensións, por favor.
    Martínez Hermida CIC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: