Alternativas aos Mass Media

Xa desde o inicio temos que partir dunha desfeita de tópicos. Non estamos traballando pola utopía do “ben comunicativo”, onde todos podemos interactuar en ingualdade de condicións.Simplemente nos deixamos á deriva nesta distopía comunicativa actual, afectada pola farsa da globalización e pola mercantilización da comunicación. Segundo di,Gutiérrez Ezpeleta,os defensores do mercado atribuen un valor monetario a todo; neste caso á comunicación.

 O problema está claro, nos medios de comunicación actuais “a voz” está desigualmente repartida. Pero tamén existe unha solución; os medios alternativos. Xa no antigo oriente tiñan unha proposta moi interesante:

Image

O Dazibao, carteis colocados na rúa e redactados por calquera persoa. Neles plasmaban a súas inquedanzas respecto dun tema político ou moral, para que toda a xente o vise. Actualmente cada vez prolifera maís o ámbito da comunicación alternativa sobretodo en Iberoamérica, onde quizáis por necesidade forzosa a xente  ten que procurarse unha comunicación que os inclúa. Tendo en conta o Estudo Alternativo de Medios elaborado por  Guedes Bailey, Cammaerts e Carpentier, non se me ocorre mellor peche que esta frase de Habermas : “A comunicación local é a costura entre o sistema e a vida diaria”. Xa que os medios de comunicación alternativos pretenden dar voz a feitos que son desestimados ou oscurecidos, así como  expresar problemas e inquedanzas locais.

PD: Deixo enlaces moi interesantes nun comentario xa que aquí non me collen.

Álvarez Gromaz, S1F, 1A3.

Posted on 5 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 17 Comentarios.

  1. Lucía Álvarez

    Deixo dous enlaces de medios alternativos online de dous xornalistas, un de Chile, Miguel Tapia e outro dunha experiencia española que xa pechou fai algúns anos de Bárbara Zoller. Ademáis dunha presentación elaborada pola Universidade de Barcelona sobre a comunicación alterntiva que está moi ben!.
    http://zonaimpacto.cl/

    http://esiweb1a.esi.tsai.es/observatorio/infoObservatorio_e.htm

  2. Eu penso que a comunicación ten as dúas funcións. Por unha banda, informar a sociedade das accións que leva a cabo o sistema, e pola outra dar voz a esta para que o sistema escoite. Penso que unha das cousas que ocorren hoxe en día é que a maioría da xente parece que non quere ser consciente do que ocorre o seu redor. Creo ultimamente esta tendencia está comezando a cambiar, aínda que nos queda bastante camiño por andar.

  3. Lucía Alvarez

    Eu non penso que non queiramos ser conscientes, para iso xa temos programas como sálvame, o que ocorre é que non se nos facilita a información da nosa realidade. Ao receptor de hoxe en día facilítaselle unha realidade sesgada por uns intereses, dunha forma moi salvaxe; e o peor é que se fai conscientemente. Por iso penso que os medios alternativos son a mellor solución, aínda que minotaría e pouco desenvolvida no noso país,son moi eficaces e chegan á xente; ese ten que ser o principal cometido de calquera medio e de calquera comunicador.
    Deberíamos mirar unha vez máis cara aquel continente tan avanzado e copiar a estratexia que se leva a cabo en Nueva York?. Alí teñen a táctica do “Omudsman”, que é un defensor do lector o do receptor que actúa desde os propios centros de traballo dos xornalistas, e mira por que se cumpla as reglas éticas e deontolóxicas.Faría falla chegar ata estos extremos?. Necesitaríamos un vixía da gardería na que se están a converter os Mass Media?

    http://www.unav.es/fcom/comunicacionysociedad/es/resena.php?art_id=72

    • Lucía, en cuanto a la pregunta que planteas en el anterior comentario, mi respuesta es sí. El problema es que en periodismo ya se han superado todos los límites, y creo que ya es hora de llegar a “esos extremos”. Hoy en día la sociedad no valora la actividad periodística, y no me extraña, actualmente, ¿para qué sirve exactamente? Veo muy normal la pérdida de credibilidad de los medios que está experimentando la gente y estoy de acuerdo con sus razones, la comunicación no es más que otra empresa que busca el beneficio, lo que vende. Es necesario recuperar el significado de esta actividad, que para mí, es algo muy parecido a lo que dice Claudia en su comentario, informar a la gente de lo que pasa pero también darles voz para saber qué es lo que quiere la sociedad, y así poder avanzar. Si para esto es necesario un “defensor” que vigile que se respetan los códigos deontológicos, adelante. Finalmente, destacar la actividad que llevan a cabo los medios comunitarios, o alternativos, creo que son un espejo dónde los medios de comunicación convencionales deberían mirarse.

  4. Lucía Alvarez

    María, eu antes de chegar aos extremos penso que esto xa estoupou dabondo, que aínda irá a peor?, pois seguramente ; pero penso que temos que paralo xa. Teñen que cambiar as tornas e temos que voltar á base da comunicación e do xornalismo, e esa base está actualmente nos medios alternativos. Ao igual que facían os chinos empregando o Dazibao, ese mural onde pode participar calquera, nós temos que voltar a eses sistemas libres de todos, e para todos. Moitas veces non sabemos valorar o que temos ata que nos falta. Un exemplo claro vese en México onde na revolución que viviron, as mulleres da casa, aquelas que non se involucraban como soldaderiras ou adelitas organizaban reunións baixo o pretexto de rezar o rosario, con fin de intercambiar información e incluso documentos referentes á loita social. As súas mans servían de mediso da comnicación alternativa. Espero e deseco que non teñamos que chegar a límites deste tipo. Elas sin nada facían moito, moitisimo e nós con todos os medios, estamos sobre informados e a deriva nun mar de incertidumbre e intereses.
    Pero e ese control sobre os periódista ata que punto sería ético tamén?..
    O mundo da vida, e o noso mundo construido a base da vivenzas e das cotidaneidades da vida da xenteque axuda a formación do Eu segundo Habermas. Este mundo é o que recollen os medios locais os medios alternativos. Penso que deberíamos de tecer outra rede, a nosa rede. O castelo de naipes da globalización cada vez ten máis cartas e polo tanto máis perigo de caerse, mentres que a dos medios alternativos están na mesa boca arriba para que todos as poidamos ver.

  5. Grande idea a do Dazibao, podíamos facer un na facultade (idea ao aire pero que cecais podía ata funcionar..). Mais, tamén é precisa a figura do xornalista como mediador para que a voz e verdade de toda a sociedade sexa escoitada con orde e sentidiño. Igual deixar un muro ao tun-tun podía volverse demasiado comunicativo. Existe a demasiada comunicación?

  6. Lucía Alvarez

    Eu penso que non, porque non momento que hai demasiada comunicación, quere decir que estas satrando á xente e que polo tanto non obtes a resposta esperada, rómpese a conexión co receptor. O labor do xornalista é necesario, pero tamén necesita a colaboración do cidadan nos tempos nos que estamos. O Dazibao sería unha boa iniciativa penso, correctamente enfocada iso si. Poderíamos ata poñer un na facultade coas solucións que a nós se nos ocorran, para afronata a nosa proipa crise profesional!. Sí señor, gracias pola túa aportación :).

  7. Estou de acordo con Maru. Defendo firmamente o papel do xornalista, pero no seu sentido orixinal e non nunha concepción degradada que se ten actualmente desta figura. Non se trata de que todos poidamos escribir todo, pois para que a información transmitida sexa de calidade ten que estar contrastada, debe haber un grande traballo detrás. Para min ese traballo debe facelo o xornalista (ollo, non me refiro a un licenciado/graduado en xornalismo), ó igual que que un médico ten que curar e un carniceiro ten que cortar a carne, pois son quen mellor saben facelo. O problema está en que levamos moitos anos corrompendo o xornalismo, facendo que haxa que cada vez perda máis credibilidade e que a súa función sexa cada vez máis esquecida pola sociedade. Eu creo no xornalismo, pero tamén avogo por unha reformulación deste. Non me gusta que a xente desprecie o un servizo social tan importante e gratificante, pero entendo que actualmente ocorra, e é unha pena. O que pasa é que neste sistema cando unha pensa que o xornalismo pode ser independente sabe que peca de utópica, pois aquí absolutamente todo está sometido ó poder do capital.

  8. Anxela Pedrouso Areán

    É moi interesante o que falas sobre os medios alternativos. Xa noutros posts se falou deste tema e paréceme moi interesante. Antes de entrar na carreira descoñecía este tipo de medios e supoño que moita xente hoxe en día tamén o fará por iso é bo que os acheguemos ó resto das persoas.
    Podemos pensar que por ser máis pequenos este tipo de medios non nos ofrecen tanta calidade como os tradicionais máis eu penso que isto non é así. Pode que non haxa unha gran cantidade de contidos sobre temas que se van do alcance dos xornalistas pero do que estou segura é que os temas a tratar nestes medios, xa sexan locais ou especializados, están totalmente ben documentados e que non hai ningún tipo de “favor” económico por detrás.
    Pero de seguro que nalgún momento estes medios acabarán cedendo ás presións extrenas e logo terán que nacer outros novos, e así un ciclo infinito… como pon olalla pecamos de utópicos.

  9. Lucía Álvarez

    Olalla claro que o labor do xornalista é importante, pero os medios alternativos tamén son xornalismo. A día de hoxe todos sabemos o que hai, pero non vemos que vaia a cambiar. Non falo de utopía senon de algo real que xa está funcionando hoxe en día, non falo de que a xente saia á rúa e pinte o que queira, xa que esa non é a función correcta do dazibao. Falo da loita por esa calidade que reclamades, e pola posta en práctica da mesma.
    Anxe,non creo tanto neste tipo de ciclo do que ti falas, é certo que pode haber algunha ovella descarriad que caiga no erro contra o que loita, como é o de sucumbir a masificación publicidade e interese. Pero temos que lembrarnos que unha das etiquetas de indentidade deste tipo de medios, é a loita contra a información selectiva e pagada; e que outra é dar voz a todos,e para todos.

    • Juan Caamaño Canabal, GOBE

      Creo que a opinión da xente é realmente importante, xa que finalmente, somos todos nos os que podemos plasmar as súas opinións. Tamén opino o mesmo que Lucía, creo que os medios alternativos tamén son xornalismo.

  10. Olalla Liñares

    Por suposto, son a primeira en defer os medios alternativos e o que se expón neste post é algo con moito sentido. Quería aclarar isto por se se me entendera mal. Porén, tamén temos que ter coidado porque ultimamente téndese a crer que todo é xornalismo, e isto moitas veces fai que a labor deste perda valor (non acuso ós medios alternativos, pois tal e como están demostrando ultimamente medios como La Razón isto pasa tamén nos medios con -desgraciadamente- máis audiencia). O que eu reclamo é un xornalismo de calidade, que , efectivamente, hoxe en día se atopa en moitos medios alternativos. Isto ten mérito dobre porque os recursos cos que estes contan son moito menores ós das grandes empresas de comunicación.

  11. Iso é, esta xente leva unha labor de xigantes. Referíndome ao que dis Olalla penso que hoxe no mundo da nosa profesión, pódese respirar certo medo hacia o cidadán xornalista. Eu penso que non devalúan a profesión, xa que a xente lerá as súas opinións ou aportacións e concederalles a importancia que se merezan. Os lectores ou receptores da nosa comunicación,confían na labor do xornalista, mal que ben, pero cando estas labores a penas existen, e o pobo é excluido da sociedade, é él mesmo o que ten que tomar as rendas dos medios de comunicación.

  12. Hoxe na clase expoñían o caso do New York Times: xa que o público paga 15 euros mensuais, teñen certos “dereitos” sobre a información que queren ler.
    É unha solución o xornalismo tradicional. E isto é o que ofrecen os medios alternativos. Pero a única forma de que se manteñan e acaden un público considerable é que aumenten os seus ingresos, ben pola demanda dun xornalismo de calidade ( cousa difícil porque a xente non está concienciada) ou ben pola publiciddade. E, en ambos casos, se non cambiamos as nosas rutinas e comportamento (pasividade) ante a vida, non é viable.

  13. Coa cantidade de medios ao noso dispor nestes tempos, Sara, non creo que o problema económico vaia a frear aos medios alternativos, xa que a xente que está aí involucrada precisamente o fai para loitar contra todo este eixe de corrupción e manipulación no que estamos envoltos.
    Eu sinceramente creo que os medios alternativos son medidas para ser locais maiormente, aínda moitos alcancen grandes repercusións a outros niveis, o local é onde maior efecto causan e onde a xente os necesita se falamos de palabras maiores; penso que a medida de pagar por unha inforamcion de calidade estaría ben. Polo menos teríamos un dereito máis real e xustificable de reclarmar información de calidade, que asco dá que sempre teña que ser; diñeiro mediante!.
    Deixo aquí o que me pareceu unha proposta xenial. E se nos aproveitaramos os medios da nosa facultade para facer unha comunicación alternativa, como os compañeiros de Córdoba (Arxentina); que aquí podemos ver:

  14. A verdade que sería unha proposta moi intersane a facer!. Por que sempre nos temos que quedar rezagados, e deixar que outros tomen a iniciativa?. Gústame a idea

  15. Lucía Álvarez

    É certo que somos uns rezagados a maioria das veces, pero bueno todo é cuestión de falalo e miarar. Por pouco que fixeramos, penso que nos sentiríamos moi ben, e sería unha esperiencia inbreíble. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: